REVISTA ABRIL

Alberto Cunha

20xan21:30Alberto CunhaCONCERTOS | De balde21:30(GMT+01:00) La bodega de Matías

Detalles do eventos

Vigués de nacemento, non é só actor, cantante e compositor, senón que é un verdadeiro showman, con varios anos de traxectoria profesional ás súas costas. Na actualidade ten en marcha un espectáculo de humor, con música e imitacións e é colaborador habitual, como tenor, da Orquestra Sinfónica de Melide. Ademais, xa compartiu escenario con artistas de talla internacional, como Mariza, Ismael Serrano, Cómplices, Javier Vargas, Andy y Lucas, Cristina Pato, etc.

Ten unha dilatada experiencia no mundo da televisión. Participou, ao longo de nove semanas consecutivas, nun concurso do programa Luar, da TVG, foi o gañador da edición outono-inverno 2001 do programa concurso Tequelexou, tamén da TVG, e en Televigo foi presentador e showman do programa Vigo sen Fronteiras, durante dous anos e medio.

Asi mesmo, como compositor, creou sintonias para varios programas de televisión (Gran Verbena e Pratos Combinados, de TVG), e participou en varios capítulos dunha das series de comedia máis importantes na historia da TVG, Pratos Combinados.

Máis