REVISTA ABRIL

'Adopción' de MÁRTA MÉSZÁROS

08mai20:30'Adopción' de MÁRTA MÉSZÁROSACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O CINE DE MÁRTA MÉSZÁROS

Pioneira do cinema húngaro é unha das directoras máis importantes de Europa na segunda metade do século XX. Tras dirixir unha trintena de curtametraxes documentais debuta na longametraxe con “A moza” (1968), logo constrúe durante cinco décadas, unha obra persoal, feminista e política até o seu remate con “Aurora Borealis” (2017). As súas historias tratan a miúdo das problemáticas diarias das mulleres e, mesmo nas súas ficcións, contan cun forte compoñente documental. Contemporánea doutras cineastas célebres do seu momento como a checa Věra Chytilová ou a francesa Agnès Varda, coas que mantiña unha próxima amizade, foi a primeira muller en acadar o Oso de Ouro da Berlinale en 1975 polo seu filme “Adopción”, co que abrimos o ciclo.

A decisión do National Film Institute de Hungría de restaurar a súa obra, unido ao premio a súa carreira que a Academia do Cinema Europeo lle concedeu o ano pasado, lograron poñela de novo no mapa.

Agradecemos a Víctor Paz a súa labor na distribuidora “Lost & Found” polo achegamento de filmes moi descoñecidos para a meirande parte do público.

“Adopción”, 
é a visión da cineasta sobre as relacións extramaritais, a maternidade ou o choque interxeracional. Abriulle as portas ao éxito internacional iniciando unha nova etapa de madurez, movéndose das súas historias sobre mozas rebeldes cara outro conxunto de filmes máis centrados nas problemáticas das mulleres de mediana idade. Ademais, resulta un compendio moi preciso de todas as súas inquedanzas.

“Nove meses”, neste filme iníciase a colaboración con dous dos seus actores fetiche. Con Lila Monori establece unha relación artística similar á que tiveron François Truffaut e Jean-Pierre Léaud a través da figura de Antoine Doinel. Jan Nowicki foi unha recomendación, a conexión foi instantánea e mutua. El traballaría en case todos os seus filmes dos seguíntes trinta anos.

“As herdeiras”, Baseada nunha historia real, traslada algúns dos seus temas predilectos: a maternidade e as relacións de poder, a un filme de época suntuoso. Contrariamente a outros exemplos de sororidade no seu traballo, neste amosa a unha muller malvada, dándolle a volta ás estruturas do poder que denunciaba nos seus primeiros filmes. Desenterra algunhas das vergoñas do pasado do seu país, labor que continuará nos seus diarios.

A primeira sesión o vindeiro luns no Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei

MAIO                              ÖRÖKBEFOGADÁS
08                                    (ADOPCIÓN)
Luns ás 20:30h             HUNGRÍA   1975;  88’  V.O.S.C. 

OSO DE OURO NA BERLINALE 1975        

          
SINOPSE
Unha viúva na corentena sen fillos. O seu amante, casado, non desexa telos con ela. De xeito fortuíto, unha moza fuxida dun orfanato lle pide refuxiarse na súa casa. Inicialmente reticente, acóllea e comeza a encariñarse con ela. Axúdaa a deixar a institución e a casar cun rapaz ao que ama. Ademais, esta relación esperta nela a determinación para mudar o que non lle gusta da súa vida.

Máis

Hora

(Luns) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events