REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

Días Europeos da Artesanía: portas abertas e obradoiros na EMAO

03abr12:0021:00Días Europeos da Artesanía: portas abertas e obradoiros na EMAOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00 - 21:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Galicia súmase aos Días Europeos da Artesanía, que se celebran do 2 ao 7 de abril , a través de actividades de divulgación dos oficios artesanais impulsados por máis de 60 talleres e outras entidades asociativas e centros de divulgación. A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, coordina o programa na comunidade e colabora con diferentes actividades nas catro provincias, entre as que se inclúen demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres e xornadas de portas abertas.

Na cidade de Vigo haberá catro iniciativas de divulgación da artesanía. Os días 6 e 7 de abril organízanse talleres participativos no Museo do Mar de Galicia a cargo dos talleres artesanais Como pez en el agua, Peixesapop, Carlos San Claudio e Medialúa ademáis doutras actividades impartidas na EMAO ou no Casco Vello da cidade esta semana.

Programa de actividades completo

Martes 2 de abril: xornada de portas abertas na EMAO

En horario de 12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h todos os talleres da EMAO terán as súas portas abertas e o visitante poderá achegarse ás actividades de: Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaitas e Zanfonas), Talla e Escultura en Madeira, Pintura, Debuxo Artístico, Deseño e Encaixe de Palillos, Ourivaría, Moda e Confección, Artesanía en Coiro e Serigrafía Artística.

Ademáis terán as seguintes actividades complementarias na Emao:

Martes 2 de abril:

  • Artesanía en coiro: ‘Festa do cosido’. De 16.30h a 20.30h (Biblioteca) onde os participantes realizarán diferentes pezas con cada tipo de costura, en tireta de coiro ou fío.
  • Ourivaría: ‘Constrúo a miña xoia’. De 16.30h a 20.30h. Actividade dirixida a nenos e nenas, onde poderán facer a súa xoia , pintala e convertela nun colgante, pendentes, etc.

Mércores 3 de abril:

  • Moda e confección / Serigrafía artística: ‘Estampa a túa bolsa’. De 17.00h a 20.00h
  • Debuxo artístico / Pintura: ‘A plein air’. De 16.00h a 20.00h. Invitación para debuxar ou pintar polos arredores da EMAO.

Venres 5 de abril: Roteiro de Artesanía no Casco Vello Alto de Vigo

Xornada de portas abertas dos obradoiros do Casco Vello Alto de Vigo e as súas inmediacións de 17:00 h a 19:00 h. Participan:
 1-NAI DISEÑOS – Macramé Contemporáneo (Avda. Camelias, 15)

2-MARIO LÓPEZ – Xoiería & Cerámica Artística (Rúa Pracer, 13)

3-LAS FLORES DE GRETA – Ecoprint (Rúa Abeleira Menéndez, 11)

4-BLAURTOPÍAS – Ilustración, Serigrafía & Cerámica (Rúa Cruz Verde, 12)

5-RABUDA – Cerámica Artística (Rúa Cruz Verde, 5)

Consulta aquí o mapa co roteiro completo.

Sábado 6 e domingo 7 de abril no Museo do Mar

1-Obradoiro de cerámica con torno con Carlos San Claudio ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde os dous días.

2-Obradoiro de marmoleado con Peixesapop ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde os dous días.

3-Obradoiro de pintura sobre madeira con Como pez en el agua ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde.

4-Obradoiro de coiro con Medialúa ás 11:00h a primeira sesión e ás 17:00 h o turno da tarde.

Domingo 7 de abril: Introducción ao pulido francés de 11:00 h a 14:00 h con Marcos Domato no seu taller.

Aprenderás os fundamentos desta técnica de vernizado a gomalaca que se orixinou en Francia e é típico de guitarras clásicas artesás de gama alta, tamén se segue utilizando en ebanistería para restauración de mobles e para fabricación de mobles de alta calidade.

Todos os talleres son abertos e gratuítos, non se necesita inscrición previa.

Máis

Hora

(Mércores) 12:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events