bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

18decTodo o día30A volta ao mundo desde a mirada das mulleresPEQUERRECHOS | De balde(Todo o día)

A volta ao mundo desde a mirada das mulleres

Neste Nadal, a Concellería de Igualdade oferta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos os obradoiros lúdicos ‘A volta ao mundo desde a mirada das mulleres’.

Nun percorrido polo mundo a través da mirada das mulleres, as nenas e os nenos poderán participar na realización de 4 obradoiros: papiroflexia, animais fantásticos, modelaxe e pasaporte.

Desde o 18 ata o 30 de decembro en horario de mañana e tarde, a xente miúda poderá gozar dun espazo de entretemento e didáctica con perspectiva de xénero. Os obradoiros desenvolveranse en diferentes espazos e zonas da cidade: Teis, Bouzas, Samil, Casco Vello e zona Centro.

Actividade gratuíta. Aforo limitado, acceso por orde de chegada.

Máis

Hora

decembro 18 (Sábado) - 30 (Xoves)

X