Vigocultura: A rir a Vigo
Detalles do eventos
Espectáculo dentro do programa de outono Vigocultura. Neste espectáculo pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de “aquí” e de “alí”. Cómicos
Detalles do eventos
Espectáculo dentro do programa de outono Vigocultura.
Neste espectáculo pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de “aquí” e de “alí”. Cómicos e cómicas galegos, pero tamén andaluces, madrileños ou romaneses. Cómicos consagrados de toda a vida, cunha longa, coñecida e sólida traxectoria, pero tamén outros que están a empezar a despuntar no mundo da comedia e son o futuro da mesma. Homes, mulleres, algúns máis maiores, outros máis novos, cada un coa súa visión do mundo única e particular, pero cunha misión en común: facer rir. E, entre risa e risa, mostrar un espello de diversidade, como o da sociedade na que queremos vivir, porque, se de algo estamos todos convencidos e convencidas é de que, “entre broma e broma, a verdade asoma.
Presenta: Jazmín Abuín
Monólogos: Agustín Jiménez, Álex Salaberri e Bianca Kóvacs
Entradas:
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):
A través da páxina web de Giglon.
Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo)
O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
Máis
Hora
27 outubro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes