REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

A Reconquista en Puro Delirio

27mar21:30A Reconquista en Puro DelirioESPECTÁCULOS | 36,00€21:30(GMT+01:00) Puro Delirio

Detalles do eventos

En Puro Delirio queren que as persoas se divirtan á vez que gozan dun ambiente agradable e unha boa comida. Neste mes de marzo a súa temática xira ao redor da Reconquista de Vigo e, ademais das súas xa coñecidas ceas con barra libre, escape room e actores, agora, deseñaron un espectáculo teatral único do que gozar mentres ceas.

En que consiste?

Os comensais recibirán unha invitación a unha reunión clandestina na taberna Puro Delirio, sábese que as tropas de Napoleón están próximas ao Casco Vello e hai que paralos. Unha vez alí, atoparán á propietaria da taberna xunto con dous empregados campesiños que son irmáns e que se atopan enfrontados. No medio da súa propia batalla chegará un francés anunciando a toma da cidade e dará comezo unha etapa de resistencia e rebelión que se todo sae ben… concluirá coa expulsión das tropas invasoras. Algo para o que fará falta colaboración do público invitado. Un show en 3 actos e con 4 actores que será unha homenaxe a Vigo, os seus veciños e a súa historia.

A estrea será o vindeiro sábado 23, coincidindo coa chegada das tropas Napoleónicas á cidade (actividade organizada pola Asociación de Veciños do Casco Vello), o espectáculo de Puro Delirio dará comezo ás 21:30h e para acceder poderase reservar previamente un menú pechado por 36€ por persoa co espectáculo incluído [3 entrantes, 2 tipos de pizzas artesás e sobremesa con barra libre en bebidas seleccionadas] ou se poderá cear á carta encargando a comida previamente, esta segunda opción ten un prezo de entrada de 3€ por persoa.

Aforo limitado. Info e reservas por Instagram @purodeliriovigo ou por email a purodeliriovigo@gmail.com

Cando máis poderá verse? Os días 27, 28, 29 e 30 de marzo ás 21:30h.

PLANAZO DE SEMANA SANTA EN VIGO.
Se o que prefires é poñer a proba a túa mente, reserva para a cea con barra libre e escape room con actores que se celebrará este sábado 16 ou o venres 22 ás 21:30h en equipos de 2 a 6 persoas, cun custo de 36€ por persoa o pack completo

Máis

Hora

(Mércores) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Puro Delirio

Rúa Teófilo Llorente, 43 - 45, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events