
10mai12:00Romaría da RebullónFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 6,00 €12:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
A Rebullón naceu co obxectivo de axudar a dinamizar a parroquia de Tameiga e aportar propostas de calidade para toda Galicia. Hai oito anos que a Comunidade de Montes
Detalles do eventos
A Rebullón naceu co obxectivo de axudar a dinamizar a parroquia de Tameiga e aportar propostas de calidade para toda Galicia. Hai oito anos que a Comunidade de Montes de Tameiga decidiu ampliar o seu Centro Cultural, As Pedriñas, co obxectivo de ter un espazo no que celebrar eventos culturais. Poderían ter feito un auditorio ao uso, pero os comuneiros optaron por construír unhas instalacións da alta calidade nas que se priorizasen os concertos de pé.
O vindeiro 10 de maio, a Sala Rebullón conmemora o seu oitavo aniversario cun día completo para gozar da música en directo, boa comida e moito baile, como agradecemento polo apoio do público ao longo destes anos.
A xornada comeza cunha potente sesión vermú de man de Rusty Bones, banda viguesa que nos transporta ao salvaxe oeste con sons de raíz, folclore e rock americano. Un arranque con forza para ir collendo ritmo desde ben cedo.
Despois do primeiro concerto, será o momento de recargar enerxías cun xantar popular de churrasco, pensado para compartir e gozar da mellor gastronomía en boa compañía. Porque a música fai bailar… pero tamén dá fame!
Pola tarde, será a quenda de Leria, dende A Coruña, co seu indie-pop en galego cheo de emoción e mensaxe, e Jay & The Smoking Machines, grupo de blues, rock clásico, swing e ritmos exóticos.
E cando caia a noite, a festa continuará con dous pratos fortes: Zavala, unha das propostas máis innovadoras da música galega actual, que mestura tradición e vangarda cun son íntimo e moderno; e Ruxe Ruxe, banda histórica do rock galego, que desde 1996 leva aos escenarios unha mestura de punk, rock e música tradicional cunha forza e paixón inconfundibles.
As entradas están dispoñibles a un prezo moi accesible:
- Churrasco + concertos: 12€
- Só concertos: 6€ anticipada / 8€ na billeteira
Pódense adquirir na cantina As Pedriñas ou online AQUÍ

Máis
Hora
10 maio, 2025 12:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual