
'Pinceladas do esquecemento' de Elina Molins e Blanca Chao
Detalles do eventos
A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolle corenta obras das artistas viguesas Elina Molins e Blanca Chao, dúas creadoras relevantes do século do XIX que viviron nunha sorte de
Detalles do eventos
A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego acolle corenta obras das artistas viguesas Elina Molins e Blanca Chao, dúas creadoras relevantes do século do XIX que viviron nunha sorte de ostracismo ou descoñecemento xeral a relegarse a súa obra á consideración de afeccionadas. Baixo o título ‘Pinceladas do esquecemento’, foi inaugurada o venres 28 de xullo e pode visitarse no museo municipal ata o 24 de xaneiro.
As obras recollen as lembranzas sobre lenzo de dúas mulleres da alta burguesía viguesa que pintaban as súas paisaxes preferidas, retrataban aos seres queridose a xente anónima; escenas que falan da súa vida íntima e cotiá. Estas obras son préstamo de particulares e de institucións como o Museo de Pontevedra, a Fundación Penzol ou a Fundación Rosalía de Castro.
HORARIO:
Luns: Pechada
Martes a venres – 18:00 a 21:00 h
Sábados – 12:00 a 14:00 e 18:00 a 21:00 h
Domingos: 12:00 a 14:00 h
Máis

Hora
Xullo 28 (Venres) 18:00 - Xaneiro 21 (Domingo) 14:00
Localización
Pinacoteca FFR
Rúa Abeleira Menéndez, 8, 36202 Vigo, Pontevedra