A Merdeirada Cativa busca encher o Casco Vello de pequenos merdeiros
Detalles do eventos
.type-post .post-image-single{display: none !important;} A Asociación Etnográfica A Merdeira organiza outro ano máis a VII Merdeirada Cativa, unhas xornadas de divulgación da figura do merdeiro
Detalles do eventos
A Asociación Etnográfica A Merdeira organiza outro ano máis a VII Merdeirada Cativa, unhas xornadas de divulgación da figura do merdeiro entre os máis pequenos. Terá lugar o 4 de febreiro na sede da AAVV Casco Vello. O aforo é de 25 rapaces entre 3 e os 6 anos e outros 25 entre os 7 e os 12.
17:00 Obradoiros de máscaras
18:00 Saída merdeira
Ao rematar haberá chocolatada
Para participar nesta actividade é necesario inscribirse enchendo este formulario.
A ORIXE DO MERDEIRO
O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.
A figura do Merdeiro interprétase coma unha eterna rivalidade entre mariñeiros e labregos, entre a loita cotiá co mar e a tranquilidade do agro. Os seus diferentes espíritos son incompatibeis e maniféstanse en todas as ocasións por un mútuo desprecio, pois os campesiños teñen o íntimo convencemento de inferioridade emotiva do seu vivir e contraposición da loita heroica dos mariñeiros. Nesta ocasión o criticador era o Merdeiro (Xente da mariña) e o criticado era o Escabichairo (xente da labranza).
Chegado o Entroido, os mariñeiros transformábanse en merdeiros con a intención de expresar, con máis forza, as súas animosidades con os do agro. Para elo acostumaban a vestirse ao xeito do escabicheiro, ridiculizando aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos e esaxerando o seu comportamento ante a sociedade.
De maneira xeral, o merdeiro acostuma a vagar de xeito improvisado polas rúas da Zona Vella en solitario ou en reducidos grupos carentes de organización algunha. Corre, chota e berra asustando á xente con a vara e pronunciando verbas e frases malsonantes.
Neste senso, o merdeiro compórtase e comportarase amolando a toda a xente con a que se atope, chegando inclusive a guindarlle fariña. Neste papel que cumpre no Entroido urbán Vigués, a figura desta personaxe deberá de ser respeitada a todos os niveis.
Máis
Hora
4 febreiro, 2024 17:00 - 18:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación do Casco Vello
Rúa Cánovas del Castillo, 2, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes