ARRIBADA

Aninovo chinés

01feb18:0020:00Aninovo chinésFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00 - 20:00(GMT+01:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

O Centro Comercial A Laxe celebra o próximo sábado 1 de febreiro o Aninovo chinés, a festividade tradicional máis importante do xigante asiático e doutros países veciños. O ano 2025 celébrase na cultura chinesa como o 4723, o ano da serpe. Baseado no calendario lunisolar​ tradicionalmente utilizado en China, as celebracións comezan o primeiro día do primeiro mes lunar (zhēng yuè) e rematan o día quince, cando se celebra a Festa dos Farois (yuánxiāojié). Este ano a data concreta é o mércores 30 de xaneiro. Segundo os datos de 2022, China é o 12º país con máis inmigrantes en Vigo, o que supón preto dun 3 % da poboación estranxeira (438 persoas).

De 18:00 h a 20:00 h, o CC A Laxe organiza unha serie de actividades no primeiro andar relacionadas coa festividade asiática: contacontos con Situan Li, taller de farolillos con Cristina Rodríguez, xogos e degustación de Umi Sushi, taller de caligrafía con Lili Wo e sesión de tai-chi Liping Zhao. Tamén se entregarán galletas da sorte e haberá degustación de produtos asiáticos.

Máis

Hora

1 febreiro, 2025 18:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events