KIKIMORENTE

A HORA DOS CONTOS. PABLÍSIMO: 'CABICIVAI'

14mar18:00A HORA DOS CONTOS. PABLÍSIMO: 'CABICIVAI'PEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A Biblioteca Xosé Neira Vilas acolle unha nova xornada de A hora dos contos, un proxecto de animación á lectura no que diferentes artistas visitan o espazo cargados de historias para fomentar esta actividade entre a cativada.

Concretamente, Cabicivai é un espectáculo sobre rodas: unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa. O novo proxecto de Pablísimo.

Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias, Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos e de creación propia. Leva producidos máis de vinte espectáculos mesturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, vídeo e narración oral.

Máis

Hora

14 marzo, 2025 18:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events