VIALIA
GIRANDO POR SALAS

Este é un evento repetitivo

ECOAR: Mundo en crise, guerra xeopolítica e loitas sociais

19mar18:3020:30ECOAR: Mundo en crise, guerra xeopolítica e loitas sociaisACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30 - 20:30(GMT+01:00) Café De Catro a Catro

Detalles do eventos

Entre o 19 e o 22 de marzo, nun contexto marcado pola incerteza e as presións xeopolíticas, ECOAR))) vai celebrar as xornadas Mundo en crise: guerra xeopolítica e loitas sociais. Durante catro días, poñentes procedentes de todo o Estado exporán olladas diversas mediante a realización de distintas palestras que analizarán a presente situación dos diferentes poderes fácticos e como combatelos.

As xornadas desenvolveranse no Café de Catro a Catro, localizado na Rúa Girona 16, Vigo. Tamén se emitirán en directo en streaming nas RRSS de @ecoarglobal

Mércores 19 de marzo

  • ‘Ética hacker e resistencia cidadá: Ferramentas para a loita social na era dixital’ con Alberto Quián Pampín ás 18:30h.
  • ‘O poder das ETN non nos calará: Decrepitude do Estado do benestar’ con Xosé Manuel Beiras ás 20:00h.

Xoves 20 de marzo

  • ‘Do río ao mar palestina vencerá: Resistencia e solidariedade’ con Fayez Badawi ás 18:30h.
  • ‘Non pasarán!: Trumpismo e a deriva autoritaria global’ con Miguel Urbán ás 20:00h.

Venres 21 de marzo

  • ‘O saqueo dos recursos non quedará impune’ con Eduardo Giordano ás 18:30h.
  • ‘A verdade é un dereito, non un privilexio’ con Manu Levin ás 20.00h.

Sábado 22 de marzo

  • ‘O consumo global non pode custar vidas’ con Aurora Moreno Alcojor ás 18:30h.
  • ‘Ningún ser humano é ilegal’ con Queralt Castillo ás 20:00h.

ECOAR))) é un espazo de natureza global conformado por persoas que se coordinan, constrúen e actúan, dende o local ao internacional, para facer fronte ás inxustizas, creando alternativas e resposta social ao sistema. ECOAR))) é unha ferramenta de carácter independente que se apoia na acción directa, a presión pública, a sensibilización e a solidariedade, para denunciar, visibilizar e concienciar sobre os problemas globais relacionados cos dereitos humanos e o medio ambiente, así como para activar á cidadanía actuando de maneira efectiva a partir da análise, a planificación e a estratexia.

ECOAR))) pretende ser unha estrutura sólida, resiliente, creativa e efectiva para os movementos sociais e a cidadanía, que actúa para construír un sistema global baseado na xustiza, a ética e a dignidade, a través dos seguintes puntos básicos: anticapitalismo, antiglobalización, consumo responsable, defensa do público, defensa de DDHH, ecoloxismo, estado social e laico, horizontalización da sociedade, interculturalismo e non violencia.

Máis

Hora

19 marzo, 2025 18:30 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Café De Catro a Catro

R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo

Other Events