REVISTA ABRIL

'A chambra. O cuarto do lado'

14mar(mar 14)09:0030abr(abr 30)14:00'A chambra. O cuarto do lado'ARTE E MUSEOS | De balde(marzo 14) 09:00 - (abril 30) 14:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A Sala Maruja Mallo da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo abre este xoves, 14 de marzo, a exposición “A ‘chambra’. O cuarto do lado”, do artista vigués Joan Morera. A mostra, que estará aberta a toda a cidadanía ata o 30 de abril e será de acceso gratuíto, inaugurarase cunha charla-presentación do propio Morera acompañado da artista multidisciplinar Carme Nogueira. A exposición trátase dunha instalación audiovisual integrada por seis entrevistas inéditas gravadas entre Francia, Galicia e Euskadi e realizadas dentro do proxecto “Conchita et nous”, que se aproxima á historia das mulleres emigrantes españolas en Francia, fundamentalmente en París, durante os anos sesenta e setenta.

O núcleo deste traballo, que se levou a cabo grazas a residencias artísticas en París e Bilbao, céntrase nas chamadas “Conchitas”, empregadas do fogar ou bonne à tout faire (literalmente, “boa para todo”). Precisamente, “chambra” é a castelanización da palabra francesa chambre, que significa “cuarto”, habitualmente usada na xerga pola comunidade española en Francia. Ademais das gravacións audiovisuais, na mostra preséntanse diversos formatos como a fotografía, a serigrafía e a escultura.

Joan Morera (Vigo, 1984) é artista, investigador e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou unha estancia de investigación en Bos Aires, no Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) e participou en residencias artísticas coma La Pinguela, en Oberá (Arxentina), así como en diferentes institucións públicas e privadas. En liñas xerais, traballa sobre a memoria, as migracións e a construción da paisaxe contemporánea a través de diferentes formatos e soportes documentais, explorando, entre outros, a fotografía, a escultura, o debuxo ou o vídeo.

De luns a venres, de 9.00 a 20.00 horas.

Máis

Hora

Marzo 14 (Xoves) 09:00 - Abril 30 (Martes) 14:00(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events