ASNEVES
REVISTA MAIO

Carreira de San Silvestre e Entroido

19feb11:00Carreira de San Silvestre e EntroidoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde11:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

A San Silvestre volverá ás rúas de Vigo o próximo 19 de febreiro ás 11h. A tradicional carreira do 31 de decembro tivo que suspenderse polo mal tempo.  A elección desta data, que coincide co Entroido, facilitará que miles de persoas acudan disfrazadas a un evento que mantén o seu lema: Vigo de récord, para alcanzar miles de participantes.

A proba mantén idéntico o trazado previsto naquel momento, con saída e meta na confluencia de Elduayen coa Porta do Sol. Trátase dun percorrido de 4 quilómetros que discorren por Porta do Sol, Policarpo Sanz, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Areal, Oporto, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas del Castillo, Mestre Mateo, Teófilo Llorente, Real, Méndez Núñez, Misericordia e remate de novo na Porta do Sol.

Todas as persoas que se anotaron en decembro manteñen a súa inscripción e, para os que recolleron o dorsal nalquel momento, bastará que acudan portando o mesmo. Para novas inscripcións, está aberto o prazo ata o 17 de febreiro no portal Magma. A inscripción é solidaria a favor do banco de alimentos e os participantes deberán entregar un kilo de alimentos non perecedeiros na carpa habilitada no paseo de Alfonso XII, entre as 9 e as 10:45 do mesmo día.

CALENDARIO ENTROIDO:

Venres 17:

18:30 – Pasarrúas por Príncipe
20:00h – Entronización do Meco
20:30h – Concerto Tanxugueiras

Sábado 18:
17:00 a 18:00h – Pasarrúas por Príncipe
18:00h – Desfile de comparsas desde a rotonda de Isaac Peral por García Barbón e Policarpo Sanz
22:00h – Concerto Xico Feijoo na Porta do Sol

Domingo 19:
11:00h – Carreira de San Silvestre e Entroido desde a Porta do Sol
17:00h – Chocolatada e obradoiros para os cativos na Porta do Sol
18:00h – Mago Marco na Porta do Sol

Luns 20:
17:00h – Chocolatada e obradoiros para os cativos na Porta do Sol
17:30h – Concurso de disfraces para adultos e infantil

Martes 21:
17:00h – Pasarrúas por Príncipe
20:00 – Queima do Meco na Porta do Sol
20:30 – Concerto Orquestra La Travesía na Porta do Sol

Mércores 22:
18:00h – Exequias funerarias e comitiva fúnebre por Príncipe, Urzáis e Policarpo Sanz

Máis

Hora

(Domingo) 11:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events