REVISTA SETEMBRO

Mural colaborativo de Vanesa Álvarez

22xul(xul 22)09:0002ago(ago 2)13:00Mural colaborativo de Vanesa ÁlvarezARTE E MUSEOS | De balde(xullo 22) 09:00 - (agosto 2) 13:00(GMT+02:00) Alcampo (Coia)

Detalles do eventos

A artista Vanesa Álvarez é a responsable da obra que se pintará na superficie do paseo de Coia, desde Praza América á rotonda de Alfageme e para a que pide a colaboración da cidadanía. O mural de Coia é similar ao que a artista realizou no chan en Union Square, en Nova York, a pasada primavera. En ambos casos, os murais lanzan unha mensaxe de coidado do medio ambiente.

No pintado poden participar todas as persoas que queiran, maiores de 12 anos previa inscrición antes do próximo mércores, 17 de xullo, na web municipal www.vigo.org ou de forma presencial na Asociación de Veciños da Miñoca ou na Oficina Municipal de Voluntariado. As persoas colaboradoras encargaranse de encher de cor, con brocha e rodete, o deseño marcado xa no chan baixo a dirección do equipo responsable do mural.

Á hora de pintar, é aconsellable que leven gorra, protector solar, auga e roupa que se poida manchar. O mural de Coia elaborarase ao longo de dúas semanas: do 22 ao 26 de xullo (excepto o 25 festivo) e do 29 de xullo ao 2 de agosto en dúas quendas de traballo: de 9 a 11h e de 11 a 13 horas.

Máis

Hora

22 xullo, 2024 09:00 - 2 agosto, 2024 13:00(GMT+02:00)

Localización

Alcampo (Coia)

Rúa do Grove, 1, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events