REVISTA ABRIL

7º Ciclo de Cine e Ópera: 'Richard et Cosima'

12abr19:007º Ciclo de Cine e Ópera: 'Richard et Cosima'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Amigos de la Ópera inaugura o 7ª Ciclo de Cine e Ópera. Un ciclo de películas relacionadas coa ópera que se poderán desfrutar todos os martes de abril ás 19h, no Auditorio Municipal do Concello de balde.

12 de abril ‘Richard et Cosima’: Christoph Waltz, Otto Sander, Tatja Seibt, Fabienne Babe. Dir. Peter Patzak
Munich, 1865. O compositor Richard Wagner desata un gran escándalo ao manter un romance con Cosima, unha muller casada e filla do seu amigo compositor Franz Liszt. Otto Sander interpreta a este protagonista.

19 de abril ‘Farinelli il Castrato’: Stefano Dionisi, Elsa Zylberstein, Enrico Lo Verso, Jeroen Krabbé. Dir. Gérard Corbiau
Relato da vida de Carlo Broschi, célebre castrado que triunfou na ópera no XVIII. Con 32 anos e na cumbre do seu éxito, Farinelli, retírase misteriosamente para dedicar a súa voz en exclusividade ao rei Felipe V de España.

26 de abril ‘ Il Giovane Toscanini’: Elizabeth Taylor, C. Thomas Howell, Sophie Ward, Franco Nero. Dir. Franco Zeffirelli)
En 1866, o músico Arturo Toscanini (Howell) é aínda un xoven descoñecido. Tras unha audición en La Scala de Milán, un empresario contrátao como violonchelista nunha orquesta para unha xira da ópera ‘Aída’ por Brasil. Alí coñece a Nadine, unha soprano madura e consagrada, e a Margherita, unha xoven misioneira comprometida coa causa dos pobres e a abolición da esclavitude. O músico acábase involucrando na causa ao tempo que terña que elexir qué facer coa súa carreira musical.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events