REVISTA SETEMBRO

'Horóscopo Chino', de Javier Navarro Romero

03out19:30'Horóscopo Chino', de Javier Navarro RomeroARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Inauguración na Galería Maraca da exposición Horóscopo Chino, de Javier Navarro Romero, máis coñecido como El dios de los tres. A presentación será o xoves 3 de outubro ás 19:30 na Galería Maraca e contará co artista e a música de DJ Rapante. Entrada de balde.

O seu estilo é unha mestura vibrante de surrealismo e barroco, cheo de cor e enerxía que poderías ver en ilustracións súas para marcas como Vans ou McDonalds. Javier é un mestre en crear universos visuais que combinan simbolismos culturais e referencias pop.

Nesta ocasión o “Horóscopo Chino” convértese na fonte de inspiración para unha colección de ilustracións cheas de forza, cor e un puntiño kawaii, dedicadas aos animais totémicos do zodíaco chinés.

Máis

Hora

3 outubro, 2024 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events