REVISTA ABRIL

Santiago Mejide

14abr20:30Santiago MejideCONCERTOS | 6,00€20:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Santiago Meijide Fernández ofrécenos un concerto de piano co seguinte programa:

D. Scarlatti (1685-1757): “Sonata en fa menor, K.466”

F. Chopin (1810-1849): Nocturno Op. 27, núm. 1, Nocturno Op. 27, num. 2

F. Liszt (1811-1886): “Mephisto waltz núm. 1, S. 514”

A. Scriabin (1872-1915): “Dous poemas Op. 32”.

S. Rachmaninov (1873-1943): “Etude-tableaux Op. 39, núm. 3”, “Etude-tableaux Op. 39, núm. 5”.

Santiago naceu en Vigo e comezou os seus estudos musicais con sete anos. Formouse na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), realizou estudos de perfeccionamento na Academia Gnessin de Moscú e cursou o Máster de Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska (CSKG).

Como solista realizou concertos en Vigo, Ponteareas, Salceda, A Coruña, Tarragona, San Cugat, Barcelona, Madrid, O Porto, San Petesburgo e Moscú.

Actualmente continúa a súa labor como solista e é docente no Conservatorio Profesional e Superior de Música Mayeusis e no Conservatorio Profesional de música de Valadares, ademais de ser pianista acompañante.

Este venres 14 ás 20:30 horas en A morada

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events