CAMELIAS MASCOTAS

Presentación de 'Matamá, unha ollada ao pasado'

17mai12:00Presentación de 'Matamá, unha ollada ao pasado'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) Atlántida de Matamá

Detalles do eventos

O vindeiro martes 17 de maio “Día das Letras Galegas”, ás 12h, no auditorio da Sociedade Atlántida de Matamá, Marcos Alonso Rodrigues (do colectivo Malaherba) xunto a Xulio Fernández Pintos, farán a presentación do seu traballo sobre a historia da parroquia de San Pedro de Matamá, resultado de máis dunha década de investigación, na que os autores recompilaron unha enorme cantidade de documentos e información relacionada coa parroquia nos distintos arquivos.

Ademais fixeron un rigoroso traballo de campo recollendo entre a veciñanza a tradición oral, a toponimia, fotografías antigas,…

O resultado de todo este traballo é unha completísima historiografía que abrangue dende a prehistoria ata o século XX, plasmada en dous libros baixo o título de Matamá, unha ollada ao pasado.

Máis

Hora

17 maio, 2022 12:00(GMT+01:00)

Localización

Atlántida de Matamá

Rúa dos Canteiros, 53, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events