REVISTA ABRIL

50 Aniversario do CVC Valladares

12xuñ20:0050 Aniversario do CVC ValladaresCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

Seguindo con ese regueiro de actos comezados a principios de ano, o vindeiro día 12 de xuño, ás 20,00 horas na eira do Centro Veciñal e grazas ó patrocinio Municipal, terán un dos máis importantes, significativos e emotivos, pois procederase a recoñecer a aportación que fixeron ó acervo social e cultural da parroquia aquelas persoas vivas do equipo fundador, as que se lle entregará un pequeno agasallo como mostra do agarimo e respecto que se lles profesa.

No evento, amáis das Cantadeiras do Alba, pertencentes a esta asociación, estará o célebre grupo de música galega de inspiración tradicional Tanxugueiras, representantes da administración autonómica, provincial e local que quixeron sumarse a esta mostra de agradecemento a estas persoas que foron o xerme dunha laboura incansable, que a día de hoxe continúa, a prol de que a veciñanza da parroquia dispoña da maior calidade de vida posible, a vez que contribúe a que vivamos nun Vigo millor e a manter e espallar o facho da cultura galega.

Reservas aquí.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events