REVISTA ABRIL

Estrea do musical ‘Aladino’ este sábado na sala Ártika

O lado máis máxico de Oriente chega a Vigo da man de Avento producións co seu espectáculo familiar “Aladino e a lámpada marabillosa”. A estrea terá lugar este sábado ás 18:00 horas na Sala Ártika. A función poderase ver dende o sábado ata o domingo 18 de febreiro en tres pases semanais.

Cartel do musical “Aladino e a lámpada marabillosa”

Pequenos e maiores teñen unha cita a partir do vindeiro sábado na Sala Ártika para atender o espectáculo ‘Aladino e a lámpada marabillosa’. Unha comedia musical chea das disparatadas ocorrencias do xenio da lámpada.

O mozo Aladino loita en Agrabah por atopar un traballo que lle permita mercar algo de comer e, quizais, conseguir unha vida mellor. Pero a situación non está ben para ninguén e cada vez hai menos clientes aos que lles vender. Mentres, no pazo do sultán, unha princesa noviña tenta facerse ouvir e cambiar as vellas leis que a obrigan casar. Os dous protagonistas séntense presos, cada quen a súa maneira, e o seu desacordo coas normas establecidas levaraos a vivir unha gran aventura.

REVISTA ABRIL

Nesta nova revisión do clásico incluído nas historias de “As mil e unha noites”, Xoan Abreu, director da montaxe, pon sobre as táboas un dilema de moita actualidade: “¿Por que nun mundo onde todo cambia, as leis non se poden cambiar?”.

O mesmo director interpreta ao malvado Jafar, a man dereita do sultán que tentará facerse co poder da lámpada marabillosa. O resto do elenco fórmano Rocío Salgado, Fernanda Barrio, Merchi Lago, Martín Maez, Marcos Alonso e Jonathan Caramés que darán vida a máis de 14 personaxes e porán voz a temas musicais compostos polo propio Xoan Abreu e Jonathán Caramés. A escenografía corre a cargo de Gustavo Britto e o deseño de iluminación de Javi Quintana.

‘Aladino e a lámpada marabillosa’ é o sexto espectáculo de Avento producións, a compañía viguesa que, dende súa consolidación profesional levou aos escenarios obras para público adulto como ‘Bu21’ ou ‘Como sobrevivir a unha apocalipse zombi’ e outras para nenos como ‘Hansel e gretel’, ‘O mago de OZ’ e ‘Fantásticks’.

(GMT+01:00)

(GMT+01:00)

(GMT+01:00)