UVIGO
FILLOAS

Estes son os beléns gañadores do 53 Concurso de Afundación

Aquí vos deixamos unha galería de fotos cos gañadores do 53 Concurso de Beléns de Afundación deste ano 2018. Seis foron os galardoados, tres na categoría para menores de 16 anos e tres na categoría absoluta. 

O primeiro premio na categoría individual foi para o centro terapeútico ocupacional Doral Residencias, o segundo galardón á asociación ASPANAEX e o terceiro a María Teresa Núñez Freire. Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o primeiro premio foi para o CEIP Igrexa- Candeán, o segundo para a Fundación Menela Cee e o terceiro premio para o CEIP Valle Inclán. Para todos eles, o xurado premiou a calidade artística, orixinalidade e complexidade, ademais do enfoque ecoloxista botando man da reciclaxe e das enerxías renovables. O uso das novas tecnoloxías tamén tivo importancia na decisión.

O 11 de decembro quedaron resoltos os premios do Concurso de Beléns 2018 e con eles abriuse a exposición para ver todos os traballos presentados a esta edición xunto coas os galardoados. Como cada ano, podes visitala na Sala de Exposicións do Teatro García Barbón ata o 6 de xaneiro. Os horarios serán de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. O 1 de xaneiro estará pechado.

O xurado este ano estivo formado por Ramón Trigo Alonso, artista e ilustrador; Juana Amarelo Dourado, galerista de Dua2; Carlos López Bernárdez, crítico de arte; Cristina Igrexas Pérez, coordinadora adxunta de Sedes de Afundación e, como secretaria, Carmen Pérez Larrán, responsable da área Educativa de Afundación. Queda por resolver o Premio do público, realizado a través da páxina de Facebook de Afundación. A votación xa está pechada e pronto coñeceremos ao gañador.

CAMELIAS NADAL

(GMT+01:00) Teatro Afundación