CAMELIAS MASCOTAS

Este xoves iníciase o II Fórum do Instituto de Estudos Vigueses

Este xoves 24 de xaneiro terá lugar a primera das once conferencias do Fórum do Instituto de Estudos Vigueses (IEV), ciclo que ten como obxectivo divulgar á cidadanía todo o coñecemento adquirido polos distitnos membros do Instituto nas diferentes materias.

O Instituto de Estudos Vigueses, en colaboración coa Universidade de Vigo e o Concello, presentan este II Ciclo de Conferencias, que pretende facer chegar ao público diversos estudos levados a cabo polo personal do IEV sobre a cidade nas distintas áreas do coñecemento. Un total de 11 conferencias repartidas ao longo do ano, tendo lugar unha vez ao més agás en xullo e agosto, contando outubro dúas charlas. Todas terán lugar na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios (EMAO) ás 19:30 salvo a de setembro, que será no Instituto Camões, á mesma hora.

A primeria charla será este xoves 24 de xaneiro, na que Fernando Carrera falará do Arte Megalítico en Galicia, o seu valor e os seus retos. Abordarase a expresión artística nos dólmenes e algunhas suxerencias para mellorar a súa protección. Un par de semanas despois, o 7 de febreiro, será o turno de Fernando Martín con ‘Aplicación das Novas Tecnoloxías ao Medio Ambiente Mariño’, onde coñeceremos máis sobre os drones, electrónica de control, cámaras e procesado de imaxe.

REVISTA NOVEMBRO

O 14 de marzo Elena Ojea falará sobre os impactos do cambio climático na pesca. Nesta presentación farase un repaso ao coñecemento actual sobre os cambios no mar e as súas repercusións para a pesca, tanto artesanal como industrial. En abril, o día 11, Xulio Fernández Hermida fará un repaso das tecnoloxías que foron aparecendo nos últimos anos e como a industria as foi convertindo en produtos cotiáns. Leverá por título ‘Do teléfono de disco ao Whatsapp: Cómo chegamos aquí?’

O 23 de maio Ana Pereira debatirá sobre se os pazos galegos son arquitectura rural ou arquitectura de poder, reflexionando sobre os compoñentes destas contrucións tan representativas do patrimonio arquitectónico galego. O 13 de xuño, baixo o título “Sistemas aéreos non tripulados (drons), pasado, presente e futuro”, Higinio González falará das distintas funcións que cumpren estes obxectos, como a audivosual, topográfica ou a vixilancia.

Despois do verán chegan Mar Cortegoso e Brais Currás falando da produción de sal na costa atlántica do noroeste peninsular, centrándose nos xacementos e nos resultados preliminares do proxecto ‘A Guarda, Mar de Sal’. O 10 de outubro será a quenda de Montserrat Rodríguez con ‘A Igrexa de Santa María de Vigo, atalaia da nosa historia: 1719 -2019′, na que as torres da famosa igrexa construída en 1497 funcionarán como testemuñas de todos os eventos históricos da cidade ata a actualidade. O 24 de outubro, dúas semanas despois, Kais Mohamed falará sobre os cambios sociais, tecnolóximos, políticos e ambientais e a súa influencia no clima. Un pequeno empurrón no clima de grandes consecuencias a raíz de pequenos cambios. Seguindo co medio ambiente, o 14 de novembro Gianluca Marino reflexionará sobre o quecemento global, as técnicas do seu estudo e predicción. Por último, José Ramón Cabanellas mostrará o impacto socioeconómico da Primeira Guerra Mundial en Vigo, o 12 de demcebro, charla que pechará este II Fórum IEV.