CAMELIAS MASCOTAS

Este sábado celebrarase a I gala ‘El alzheimer no se olvida’

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, este sábado 21 celebrarase no IES Santa Irene a I gala ‘El alzheimer no se olvida’, un evento solidario que terá lugar ao longo do día con todo tipo de actividades: danza, animación infantil, flashmob, música, mercadiño, sorteo, proxeccións e desfiles.

REVISTA NOVEMBRO

O festival ‘El alzheimer no se olvida‘ nace co obxectivo de visibilizar esta enfermidade e colaborar con todas as persoas que a pedecen e as que están ao seu cargo. O programa iníciase na parte exterior do centro ás 11 da mañá con xogos para toda a familia, con Pepinito e Bolbolúa animando o ambiente. A parte matinal pecharase cun flashmob frente ao centro comercial Camelias, no que todas as persoas participantes danzarán ao ritmo de Madre Tierra de Chayanne.

Pola tarde retomarase a actividade co inicio da gala ás 17:30 xa na zona interior do instituto, onde Angelo Navor exercerá de presentador e Rubén Carrera de DJ. A continuación sucederanse as actuacións musicais da man de Lara e Carmen, Nerea e Zaida e Lexi Cray, con instrumentación en directo. Os shows de baile serán do máis completos grazas á participación das escolas Compañía Amateur Pau Izard, Grupo de Rueda Casino ou Rueda Cubana, Instituto de la Salsa, Media Punta e Arte y Danza. Tampouco faltará a bachata coas parellas formadas por Xurxo e Reyes e Pedro e Noe.

A maiores de todo isto haberá un desfile de xoias de Lolo Diseños, a proxección dunha curtametraxe de Óscar del Moral, unha charla de concienciación de Gonzalo, o psicólogo de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia), un sorteo de rifas e un mercadiño solidario cunha gran variedade de produtos.

(GMT+01:00) IES Santa Irene