REVISTA ABRIL

Estamos de aniversario e sorteamos entradas para ver a Iván Ferreiro

O 16 de xaneiro de 2018 lanzabamos a nosa web www.amovida.gal. Dende aquela publicamos milleiros de eventos na nosa axenda, cubrimos moitos acontecementos culturais na nosa cidade, lanzamos a revista mensual en papel e sumamos milleiros de seguidores en Facebook, Instagram, Twitter e WhatsApp. Hai moitas palabras que definen a satisfación dun ano de traballo, esforzo e constancia pero hoxe só podemos dar as GRAZAS. Grazas por seguirnos. Sen ninguén que nos lea ao outro lado isto carecería de sentido. E como agradecemento sortearemos dúas entradas para ver a Ivan Ferreiro que chega ao Auditorio Mar de Vigo o 10 de marzo coa súa homenaxe aos vigueses Golpes Bajos.

 

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación onde vexas esta foto e comentar etiquetando a un amigo explicándolle por que debe seguir á A Movida.

prazo para participar é ata o xoves 17 de xaneiro ás 12 da noite, o venres 18 coñeceremos o nome da persoa premiada.

Sobre ‘Cena Recalentada’ de Ivan Ferreiro

Iván Ferreiro ten entre os seus grupos de cabeceira a Golpes Baixos, e como músico valente e amante do risco decidiu gravar toda a súa obra, que desgraciadamente, foi curta, e está composta só por 19 cancións.

O Tour Cena Recalentada recollerá os temas da mítica banda galega interpretados por Ferreiro, que rende o seu tributo particular, dando unha novo verniz a estas cancións que marcaron a unha xeración.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dúas entredas para o concerto do Tour Cena Recalentada de Ivan Ferreiro no Auditorio Mar de Vigo. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.