VIALIA
bannerPicnicSesions

Esta semana volve a Festa do cine

A festa do cine volve a Vigo os días 7, 8 e 9 de maio. Durante estes días poderase gozar de tódalas pelis en carteleira ao prezo de 2,90€.

A nova edición da Festa do Cine celébrase entre o luns día 7 e o mércores 9 en Vigo. Tódolos espectadores poderán acudir ao cine por 2,90 € a ver os filmes que están en carteleira. A mecánica será a mesma que en pasadas edicións: Será preciso acreditarse a través da web www.fiestadelcine.com e presentar esta credencial na billeteira. Poderase acudir a tantas sesión como se queira a prezo reducido durante os tres días que dura a iniciativa, nos cines Gran Vía, nos Yelmo e na Plaza Elíptica.

Co obxectivo de fomentar a participación das familias e das persoas maiores, os menores de 14 anos e os maiores de 60 non precisarán acreditarse na web. As entradas poderán comprarse a prezo reducido directamente na billeteira.

Os Multicines Norte tamén
Os multicines Norte aínda que non participan desta iniciativa tamén fan unha promoción durante estes días e se poderá asistir a calquera das súas sesión ao prezo de 2,90€ sen necesidade de credencial.