REVISTA ABRIL

EspazoFest suma sete artistas galegas a súa programación

EspazoFest vén de anunciar que estas sete novas voces galegas acompañarán aos consolidados artistas nacionais nos concertos que terán lugar nos pazos de Touza, Cea e Urzáiz entre o 30 de xullo e o 27 de agosto. Roma inaugurará a sesión compartida con Carlos Sadness no Pazo de Urzáiz este venres.

A cantautora viguesa, Sanny | P.Vázquez

Durante os meses de xullo e agosto o público do EspazoFest pode gozar de sete cantantes galegas que se suman ao programa de EspazoFest nos pazos de Nigrán: Sara Casas, Roma, Sanny, Zeltia e Irevire, Sheila Esencia, MJ Pérez, It’s Soul, e a colaboración especial da banda viguesa Mon Band.

Este evento destaca no panorama dos festivais galegos por ofrecer música e gastronomía nunha ubicación idílica: tres pazos, Touza, Cea e Urzáiz, da Idade Moderna datados do s. XIV ao s. XVII. Os amantes da música teñen as portas abertas a partir das 19.30H para pasear polo exterior dos edificios con fermosos xardíns e un servizo de bar gastronómico con coidadas propostas. Esta nova edición inclúe distinguidos artistas como Carlos Sadness, Taburete ou Marlango, o que provocou unha alta demanda de entradas con máis do 50% do aforo completado en poucos días.

Co obxetivo de dar a coñecer o talento emerxente das novas artistas locais e ofrecer a mellor música ao público, os concertos comezarán antes da actuación principal de cada día. Así, o venres 30 de xullo Roma inaugurará a sesión compartida con Carlos Sadness no Pazo de Urzáiz. O día seguiente Sara Casas tomará a quenda con Taburete na mesma ubicación e Sanny acompañará a Iván Ferreiro no Pazo de Cea.

Durante o mes de agosto, o xoves 5 Zeltia e Irevire presentaranse ante o público no Pazo de Touza no concerto Marlango e o sábado 7 Sheila Esencia será a encargada de compartir a velada con Tequila no Pazo de Urzáiz. No concerto de Coque Malla, o sábado 14 de agosto no Pazo de Cea, tocará Mond Band e unha semana despois, o 21 de agosto MJ Pérez coincidirá no Pazo de Urzáiz con Depedro. O público que xa ten entradas para MClan, 27 de agosto, tamén poderá desfrutar, en concerto ao aire libre, da forza da voz da viguesa It’s Soul. 

As entradas para os concertos están dispoñibles a través da páxina web TeuTicket.

LISTA DE CONCERTOS

30 XUL – Roma + Carlos Sadness – Pazo Urzáiz

31 XUL – Sara Casas + Iván Ferreiro – Pazo Urzáiz

31 XUL – Sanny + Taburete – Pazo de Cea

5 AGO – Zeltia e Irevire + Marlango – Pazo de Touza

7 AGO – Sheila Esencia + Tequila – Pazo de Urzáiz

REVISTA ABRIL

14 AGO – Mond Band + Coque Malla – Pazo de Cea

21 AGO – MJ Pérez + Depedro – Pazo de Urzáiz

27 AGO – It’s Soul + MClan – Pazo de Cea