REVISTA ABRIL

Entreculturas propón unha carreira solidaria online

A Carreira solidaria ‘Corre por una causa’ de Entreculturas celebrará a súa novena edición cada un na súa casa e todos en internet. A cita deportiva tiña previsto celebrarse en 11 cidades durante o 2020, entre as que non estaba Vigo, que si se une á causa na modalidade online.

‘Corre por una causa’ e unha carreira solidaria que destinará os cartos recadados ao programa “La luz de las niñas”, unha iniciativa da ONG que leva a cabo en 10 países de África e América Latina para lograr que, a través da educación, 8.235 nenas deixen de sufrir desigualdades e estean protexidas fronte á violencia.

A carreira celébrase este domingo 24 de maio e conta con dúas modalidades: 5 km correndo ou 3 km a pé. Ademáis, cada un poderá adapla as circunstancias da zona na que se atope. Para participar, debe realizarse a inscrición na web da carreira. Tras completar o percorrido, os participantes colgarán unha foto nas redes sociais utilizando o hashtag #correxunacausaVigo.