CASAACUNHA

Eloy Moreno: “Hai xente que di que son un escritor de emocións”

O autor presenta en Galicia a súa sexta novela, Diferente, coa que pasará por Vigo este luns 29 de novembro, estará firmando exemplares en La Casa del Libro. Nesta ocasión, conta unha historia do día a día facendo fincapé nas emocións e na importancia de ser diferente nesta sociedade da normalidade.

Eloy Moreno | El Periòdic

10 anos e moito éxito poderían resumir a carreira de Eloy Moreno (Castellón de la Plana, 1976). De informático a escritor con miles de lectores. O seu primeiro paso autoeditando El bolígrafo de gel verde en 2011, suporía o comezo dun intenso e pausado crecemento que lle levaría a ser un escritor recoñecido a nivel nacional. Agora publica Diferente, unha novela sobre a diferencia e a normalidade. Falamos con el sobre o libro e a súa vida en xeral.

Quen é Eloy Moreno?
Son un informático que se converteu en escritor hai 10 anos e desde entón ata o de agora foron xa sete novelas e tres libros de contos . Ao final un o que tenta sempre é escribir sobre cousas moi normais, cousas moi do día a día, pero dalgunha forma á xente emociónase ao lelas. Hai xente que di que son un “escritor de emocións” e iso gústame.

Que é ser diferente?
Ser diferente quizais é o que teriamos que ser todos. Sempre se busca a normalidade e todos temos que ser iguais aínda que é algo irreal. Hai unha definición moi bonita que di que para un sempre é normal o que fai pero desde outro punto de vista hai xente que dirá “que raro es!” ou ao revés. A normalidade e a diferenza sempre está no punto de vista de quen o mira.

O libro ten partes moi definidas e son capítulos moi curtos, dirías que esta é a fórmula para chamar a atención do lector?
Sempre foi así. Desde o primeiro libro eu sempre escribo con capítulos moi curtos. Creo que iso fai que podes deixar e coller o libro en calquera momento e que o libro respire. Non me gusta cando leo un libro e hai capítulos de 40 follas. É unha forma que me gusta tanto para ler e escribir. En realidade nos meus libros sempre se mantén a mesma estrutura: non hai capítulos de máis de catro follas.

Que che inspira para escribir?
Todos os meus libros son de historias normais. O extraordinario é meterse onde están os sentimentos nos que moita xente non se atreve a entrar. Eu nos meus libros digo cousas que se cadra a xente sente pero non di e ao lelos senten identificados e creo que iso é o bonito das miñas historias.

Estás vinculado coa música compoñendo a banda sonora do libro Tierra con Siloé, este libro ven acompañado dunha playlist de cancións seleccionadas por ti, inpírache a música para escribir?
Sen música non podería escribir porque sempre me fai falla que haxa unha banda sonora detrás dos meus libros. O que fixen foi, aproveitando a música que escoitaba escribindo o libro, publiqueina nunha lista de Spotify para que a xente a escoite mentres o le.

A sinopse desta novela deixa moito misterio entre as súas liñas pero, á vez, conta bastante, gústache manter ese enigma entre os lectores?
Sempre digo que ler un libro é como abrir un agasallo. Se xa cho abriron perde toda a graza e intento que cada novela miña sexa moi distinta e sorprenda ao lector. Se esa sorpresa desvéloa antes de que se lea o libro, pérdese moito.

O fenómeno Eloy Moreno non para de crecer con adaptación cinematográfica en camiño.
Imos facer unha película de Invisible e seguramente a partir de febreiro xa se anunciará e é como un paso máis. O ver que un libro teu pase á gran pantalla. Algo novo para min.

Banner A Movidiña

Como xestionas ese ascenso e o proceso de chegar a miles de lectores?
Foi moi paulatino. 10 anos aos poucos, traballando, novos lectores con cada novela… Non foi de golpe. Funme adaptando e neste tempo conseguimos que moita xente coñeza as miñas novelas.

Algún plan para o futuro?
O próximo é o tema da película que me fai moita ilusión, a xira da novela e xa veremos, para ver se a medio ano escribo algo novo. Agora mesmo non teño ningunha historia. Quero concentrarme na promoción.

Algunha mensaxe para a xente diferente?
Ao final todos somos diferentes e creo que é o bonito. Facer cousas distintas, non ser todos copias e ser distintos os uns dos outros. Iso é o realmente bonito.