REVISTA ABRIL

Eladio y Los Seres Queridos en acústico no Mercado do Progreso

A banda viguesa Eladio y Los Seres Queridos presentará o seu novo traballo ‘Historias de caza’ nun concerto en acústico no Espazo Mahou do Mercado do Progreso o vindeiro xoves 8 de febreiro. As invitacións xa se poden adquirir en diferentes postos do propio mercado.

‘Historias de Caza’ é o derradeiro traballo do grupo local. Tras acadar o premio ao mellor álbum en galego de 2017 con ‘Cantares’, recuperan o estilo electro-pop que os carectariza. Este novo disco está composto por 10 temas, o primeiro deles ‘Algún Iluminado’, serve de carta de presentación.

Neste disco a banda traballou na composición dalgúns temas con Jorge F. Ojea, Pablo Lesuit y Esther Zecco, e ao contrario que en traballos anteriores o disco foi producido e grabado polo propio grupo no seu estudio caseiro. Motivo polo cal eles mesmos o consideran o máis orixinal.

(GMT+01:00) Progreso 41 Urban Market