UVIGO
FILLOAS

Dous festivais para gozar do mellor rock, blues e soul internacional e local

Desde o xoves ata o domingo espérannos catro días cheos de boa música grazas aos festivais Stomp and Holler e Black in Vigo, ambos de recente creación. O primeiro traerá de venres a domingo tres concertos internacionais as salas Rouge, Radar e La Iguana, mentres que o segundo terá lugar integramente no Sinatra Coctel Bar de xoves a sábado.

Peter Case, un dos artistas internacionais que visitará a nosa cidade esta fin de semana

A oferta musical da cidade, lonxe de reducirse coa chegada da calor, non deixa de aumentar día tras día. Esta fin de semana, incluindo o xoves, debutarán dous festivais cunha potente aposta pola música de raíz americana: rock n roll, blues, folk e soul. Estes son o Stomp and Holler e o Black in Vigo.

Comezando polo xoves 30, o Black in Vigo bota a andar co concerto do grupo local del soul e r&b BlackStereo no Sinatra Coctel Bar, como o resto de actuacións do festival. Todas estas, por certo, serán a partir das 21:00 e despois de cada unha estará en cabina DJ Jorge Soul Jacket. Ao día seguinte, mesmo lugar e mesma hora, subirase ao escenario John Duer & The Blues Freaks, que contarán co talentoso músico Julián Maeso como artista invitado. Antes, a banda local The Bluesfellas quecerá o ambiente do local.

O venres comezará, na Sala Rouge, o festival Stomp and Holler, xurdido da necesidade que tíñan desde River Bucks A.C. (creadores do ciclo Máis que Blues) de agradecer a esas tres salas que lles abriron as súas portas permitindo deste xeito que poideran compartir con todos a súa paixón pola música en directo. O concerto inaugural correrá a cargo de Nick Moss Band, recentemente premiado nos Blues Music Awards, acompañado por Dennis Gruenling á armónica.

O sábado ambos festivais continúan cunha suculenta oferta. Por parte do Black in Vigo, visitarán o Sinatra as bandas The Lucilles e The Monk Blues Band. The Lucilles son unha banda actualmente afincada en Madrid, España, con liderado mexicano e compoñentes procedentes de diversos países tales como España, Portugal, Francia, Estados Unidos ou Arxentina, todos eles apaixoados do soul.  Pola outra banda, Radar Estudios recibirá ao músico estadounidense Peter Case, que levaba 8 anos sen xirar por Europa. Ademais, este concerto de carácter íntimo formará parte do documental sobre a vida deste respectado artista, fundador de bandas históricas como The Nerves e The Plimsouls.

Para rematar este percorrido musical polos sons americanos, volve un ano despois a La Iguana Club unha das divas do rock n roll, Stacie Collins. Voltará con moitas ganas de presentar as cancións do que será o seu novo disco de estudio All In. Desta forma o Stomp and Holler poñerá o que esperamos sexa un punto e aparte ata o ano que vén. O prezo dos billetes para este festival será de 10€ por concerto (anticipado) ou un abono por 20€. No caso do Black in Vigo, os concertos terán un custe de 12€ (anticipado) agás o do xoves, que custará 5€. Tamén existe a opción de mercar un abono por 20€.

(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

(GMT+01:00) Sala Rouge

(GMT+01:00) Sinatra Coctel Bar

(GMT+01:00) Radar Estudios

CAMELIAS NADAL

(GMT+01:00) La Iguana Club