CAMELIAS MASCOTAS

Diversión para toda a familia no XXIV Festival Galicreques

A Sala Ártika albergará, do 12 ao 20 de outubro, o XXIV Festival Internacional Galicreques, que contará con seis obras de países como Arxentina, Bosnia, Perú, Francia ou Italia. Estas representacións con monicreques serán tanto para crianzas como para un público máis xuvenil e adulto. Nos shows dirixidos aos máis pequenos existe un bono familiar máis económico.

SÁBADO 12 – EL BARRENDERO Y LOS LIMPIABOTAS (18:00 – 6€ / 8€)

O varredor invisible, entre baldosa e baldosa, lixo e lixo, pasa a súa escoba. Unha danza de pasos finos e precisos que nos deixan ver a esquecida virtude do que desempeña un traballo anónimo. Aínda hai algo de poesía entre os restos, os plásticos e as latas da rúa que, aos poucos, van avanzando. Nino & Mambrú, os irmáns limpabotas. Vide ver aos últimos do seu gremio. Vide ver a súa técnica fina, milenaria. Vide ver e a ter á vosa mercé a estes dous servos dos zapatos do pobo. Que o fagan ben ou mal, xa é outro cantar, pero vide. Vide velos!

DOMINGO 13 – CRONOPIOS  (18:00 – 6€ / 8€)

Baseado nos personaxes dos relatos de “Cronopios y Famas” de Julio Cortázar, creamos unha comedia de enredo que nos introduce no mundo do surrealismo do entramado social. Así, da man destes curiosos seres, asistimos á creación dun mundo máxico, paralelo á sociedade actual, onde conviven Cronopios, Famas e Esperanzas. Un espectáculo con máis de 40 monicreques que farán as ledicias do espectador.

XOVES 17 – TITIRITADA CABARET (22:30 – 8€ / 12€)

Os monicreques toman o teatro! Con diferentes estilos, propostas e historias… Un cabaret onde os mundos da marioneta atópanse en mans de máis de dez artistas e cinco compañías de procedencias diversas, que nos levarán a este universo de fío, luva e madeira.

VENRES 18 – DESDE EL AZUL (21:30 – 8€ / 12€)

“Desde el azul” son os desexos e crenzas da vida artística de Inés Pasic. Os personaxes aparecen nun momento de madurez, no impetuoso desexo de afirmar a súa propia existencia. Estas criaturas estrañas, carne da súa propia carne, son a súa alma biográfica rumoreada con humor e poesía. Os personaxes son fráxiles e simplemente corporais, tan humanos como a carne e os ósos do titiriteiro que os manipula. O efémero e as formas extremadamente enxeñosas do universo do corpo humano, que se converte nun gran retablo onde interactúan todas as partes humanizadas do corpo que recrean os seus particulares e orixinais conflitos, dramas e alegrías que non deixan de ser, ao mesmo tempo, as do propio titiriteiro.

SÁBADO 19 – PELOS, MISIÓN BOLSA Y PASO (18:00 – 6€ / 8€)

REVISTA NOVEMBRO

Pelos recibe a misión de entregar unha bolsa de diñeiro que lle deu o señor Churripito para que leve á súa muller Mari Castaña, que se quedou sen diñeiro. Aquí empeza a nova aventura dos gran Pelos. Poderá levar a bolsa a Mari Castaña intacta? Non te perdas a aventura de Pelos, con Antonio “o Chori” esperando en calquera esquina a que a fortuna lle sorría. Desaparece o Paso de Semana Santa e piden un rescate para devolvelo. A Semana Santa está preto e o Paso ten que saír. Conseguirá Pelos atopar o Paso? Risas e emoción están aseguradas ata o final da historia.

DOMINGO 20 – VAIROLETO, PECHITO LIBERTARIO (18:00 – 6€ / 8€)

“Vairoleto, pechito libertario” recrea a vida do bandido rural Juan Bautista Vairoleto, cunha homenaxe ao radio teatro coa maxia dos monicreques e o charamusquear de corazóns do circo criollo. Vairoleto é un gaucho libre da pampa que se cansa da inxustiza e enfróntase ao cobizoso Banqueiro Manganaro, que roubou bancos e banquetas deixando ao pobo de parado, privado do descanso, co apoio do inescrupuloso milico Farrache, quen ademais se fai o lindo coa súa amada Telma. Así arrinca a historia. O mito do Juan Bautista Vairoleto, “o que ao pobo deu respecto e agora o pobo protexía”, toma impulso desde a pampa arxentina dos anos 30 pero instalándose definitivamente no futuro… porque “hai cousas que pasaron e quedan dando voltas e voltas, ata que un pregúntase: pasaron ou se quedaron?”

(GMT+01:00) Sala Ártika

(GMT+01:00) Sala Ártika

(GMT+01:00) Sala Ártika

(GMT+01:00) Sala Ártika

(GMT+01:00) Sala Ártika

(GMT+01:00) Sala Ártika