CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

Desembarco galego no Kerouac de Nova York

Os poetas galegos Fátima Delgado, Malvares, Lupita Hard e Lle Voyeur viaxan á Gran Mazá para participar no festival de poesía, música e performance Kerouac, que celebra a súa sexta edición en Estados Unidos entre o 27 e o 30 de abril.

“Unha ponte poética sobre o Atlántico, unha obra de enxeñería poética, unha mostra da poesía galega no centro do mundo” Así se autodefine o Festival Kerouac, que esta semana celebra a súa sexta edición na cidade de Nova York. Unha cita que naceu en Vigo en 2011 da man do poeta Marcos de la Fuente e a artista visual Vanesa Álvarez, e que agora se celebra en tres países, España, Estados Unidos e México, levando a poetas dun continente a outro e promocionando a cultura galega en América.

Nesta sexta ediciónson catro os poetas que viaxan desde España para mostrar a súa obra, dous deles vigueses: Lle Voyeur e Lupita Hard. O músico e compositor vigués Miguel Marcos é Lle Voyeur, cantautor afincado en Madrid, que presenta Muerde aquel verso, un libro que recolle as súas cancións-poemas dos últimos 10 anos e que paseou polos festivais de poesía de toda España.

REVISTA NOVEMBRO

Lupita Hard, a iconoclasta artista multidisciplinar viguesa, presenta o seu novo traballo audiovisual La fragilidad de la identidad. A creadora repite na cita neoyorquina, do mesmo xeito que o cantante de rap, vocalista de Rebeliom do Inframundo, Malvares que presenta composicións do poeta galego Mario Regueira, musicadas en clave hip hop.

Tamén acudirá en representación galega Fátima Delgado, con dúas propostas de poesía escénica con música. A primeira é unha homenaxe ao seu tío Florencio Delgado, a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2022 que conta con música deBabykatze. Ademais, presenta Ouveos, un show que xa levou ao Kerouac de Ciudad de México o pasado mes de febreiro.

O programa inclúe a actuación da poeta e xornalista chilena Arelis Uribe, a poeta garifuna Mercy Tullis-Bukhari e o propio Marcos de la Fuente que presentará o seu recentemente editada antoloxía dos Poetryfighters. Tres días en tres espazos da cidade de Nova York, con poesía, música e performance en galego, español e inglés, con músicos e poetas que se mesturan nunha sinerxia artística e cultural, semente de futuras colaboracións e mostra da poesía contemporánea a ambos lado do océano.