VIALIA
bannerPicnicSesions

Corre ou anda pola rexenaración dos montes de Vigo

Coincidindo co primeiro aniversario da vaga de lumes que asolou a provincia o ano pasado, a Mancomunidade de Montes de Vigo organiza o domingo 14 de outubro a V Trail Montes de Vigo e a I Andaina pola rexenaración dos montes de Vigo en Fragoselo, Coruxo.

O domingo 14 de outubro organízanse dúas probas deportivas no monte de Fragoselo, coincidindo co primeiro aniversario dos fatídicos incendios que asolaron os montes galegos, especialmente en Vigo e a súa contorna. Desde o 1 de xullo están abertas as inscripcións para todas as probas que terán lugar nesa xornada.

REVISTA ABRIL

A primeira en arrancar é o Trail “Montes de Vigo”, de 26 km de distancia e con comezo ás 9:30 da mañá. Existe tamén o seu equivalente pero en curto, que sería de 13,7 km, e con saída ás 10:30. Pola outra banda, tempos a carreira popular e a andaina “pola rexeneración dos montes de Vigo”, ambas de 7,9 km de traxecto e con saída ás 10:00 da mañá.

Salvo na andaina, nas outras tres probas existen dúas categorías: absoluta (masculino e feminino) e veteranos (masculina a partir de 45 anos e feminina a partir dos 40). O prezo da inscripción (ata o 30 de setembro) é de 20€ na Trail, 15€ na Trail curta e 5€ para a carreira popular e para a andaina. Se te inscribes entre o 1 e o 10 de outubro, os prezos serán lixeiramente superiores. Xa te podes inscribir a través deste enlace.

Aproveita a oportunidade para facer deporte, xa sexa correndo ou ben andando, por unha boa causa, e para non esquecer a importancia de coidar e protexer os nosos montes.