REVISTA ABRIL

Consigue unha entrada para ver á Orquesta Clásica de Vigo

Comeza unha nova tempada de concertos da Orquesta Clásica de Vigo e queremos convidarte a que goces da música dos grandes compositores. A cita será o 14 de marzo, ás 20.30 no Teatro Afundación.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook darlle gústame na publicación sobre este sorteo. Lembrámoste que todos aqueles subscritores da revista entran a participar automaticamente neste sorteo. Se tí aínda non es #AMOVIDALOVER e non gozas de todas as vantaxes que isto supón preme aquí.

SOBRE A ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO

Orquesta Clásica de Vigo nace en 1984 é unha entidade cultural sen ánimo de lucro que apostou dende os seus comezos pola formación e a innovación nos formatos da música clásica. É aformación orquestral máis antiga de Galicia e polos seus atrís pasaron máis de 250 músicos, moitos deles son, a día de hoxe, artistas de primeiro nivel en orquestras nacionais e internacionais. O director artístico, Manuel Martínez Álvarez-Nava, está á fronte da formación dende os seus comezos

En marzo darán comezo á tempada interpretando a música de dous autores que, a través de poemas sinfónicos e lecturas evocadoras da música, contribuíron como ninguén á conformación dos estilos nacionais nos seus respectivos países. Falamos de Edward Grieg e Manuel de Falla. Compositores que souberon empregar con éxito unha das materias primas máis poderosas: A tradición e o popular, é decir, a esencia dun pobo.

 Un concerto que ofrecerá unha conexión sonora sorprendente entre a obra destes dous compositores de lugares tan distantes.

Programa:

 Egmont (Abertura), Op. 84 de Ludwig van Beethoven (250 aniversario)

Tempestas, Ismael Amoedo Collazo (Estrea)*

Concerto para piano e orquestra en la menor, Op. 16 de Edward Grieg 

Suite do Sombreiro de tres picos, Manuel de Falla 

Solista: Berta Fresco

Dirixe:  Manuel Martínez Álvarez-Nava

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o lunes 9 de marzo ás 12 da noite. O martes 10 coñeceremos o nome das dúas persoas premiadas.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadoes serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil de Facebook ou número de teléfono (no caso de ser subscritor); se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéase dúas entradas invididuais para o concerto da Orquesta Clásica de Vigo que se celebrará o 114 de marzo ás 20:30 no Teatro Afundación.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.