CAMELIAS MASCOTAS

Coñece Cíes a fondo coas actividades do Edificio Cambón

Está a ser unha semana do máis movida no Edificio Cambón, onde se están a realizar distintas actividades desde o pasado sábado 18 que continuarán ata o sábado 25 baixo o nome da Semana dos Sobrevivintes. Entre elas haberá unha charla, unha proxección, unha actividade infantil  e a presentación dun libro.

REVISTA NOVEMBRO

Desde o pasado sábado o edificio Cambón, situado na rúa Palma e sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, está a ofrecer diferentes actividades relacionadas con Cíes e a natureza. Así, o martes e mércores tiveron lugar sendas visitas guiadas, a primeira titulada “Sobrevivindo ao paso do tempo” e a segunda “Plantas e animais, adaptacións para sobrevivir”.

Este xoves 23, ás 19:00, haberá unha charla divulgativa sobre as especies exóticas invasoras, mentres que o venres, á mesma hora, haberá dúas proxeccións do ciclo Cine en Verde, cun posterior coloquio sobre as obras. As pezas a proxectar son Illas Atlánticas de Galicia: Acróbatas do vento e Un tesouro baixo as augas, ambas cunha duración total de media hora. O coloquio, duns 20 minutos, pretende falar sobre a biodiversidade dunha zona protexida e tan especial como son as Illas, e das adaptacións do medio e dos seus habitantes.

Para rematar, o sábado 25 ás 12:00 haberá a presentación do libro Caderno de campo das Illas Cíes, no que o seu autor, o biólogo e artista José Arcas, mostrará e explicará as distintas ilustracións feitas nas Cíes a lapis e acuarela. A obra, que nos levará por catro rutas diferentes, estará acompañada polas paisaxes sonoras de Carlos Suárez, o que creará unha inmersión aínda maior nas ilustracións. Á mesma hora terá lugar unha actividade infantil baixo o nome de “Os trucos das illas”, na que os nenos e nenas de entre 7 e 12 anos poderán coñecer un pouco máis desta fantástica paraxe.

(GMT+01:00) Edificio Cambón


(GMT+01:00) Edificio Cambón


(GMT+01:00) Edificio Cambón


(GMT+01:00) Edificio Cambón