CAMELIAS

Coñece a todos os nominados aos 18º Premios Maketon

Hoxe anunciáronse todos os nominados dos 18º Premios Maketón, os Oscars da música viguesa. A gala terá lugar este venres 21 a partir das 21:00 na sala Radar, onde actuarán os grupos The Riggos e Atlantic.

Os premios máis importantes da música local cumpren a maioría de idade este venres, que terá lugar a 18º edición dos Premios de la Música Maketón, patrocinados por Maeloc. A cita será ás 21:00 en Radar Estudios, con concerto de The Riggos previo á entrega de premios e de Atlantic posterior a esta. A continuación enumeraremos aos nominados nas diferentes categorías:

A mellor disco auto editado temos a Eladio y los Seres Queridos co seu Historias de Caza (publicado en 2017, pero que non entrou na edición anterior), Hifi-Wifi con Fire: Stoned, Nicolás Pastoriza con PyME, Atlantic con Los días felices e Supernatural con Nada que fingir, disco que ten versión en castelán e en inglés.

En canto aos mellores discos locais do ano competirán The Riggos co seu traballo homónimo, Dakidarría con Filosofía incendiaria, Basanta co seu álbum debut Colorama, Santi Araújo con Catedral e por último Maryland con El Resplandor.

Para a nominación de mellor directo tivéronse en conta cualidades como a posta en escea, a conexión co público ou o son en directo. Por isto, os nominados son Dream of the Dolly Sheep, Cool Cucumbers, Treintañeras Cañeras, Jaguars e The Pretty Shirts, banda a cabalo entre Vigo e A Guarda.

Como detrás de todo gran disco hai un gran produtor, os cinco nominados a Mellor Produtor son Pablo Iglesias, de Radar Estudios; Paco Serén, de Eclipsis CenStudio; Javier Abreu, Pablo Martín, de Emeway Estudios e Luis Antelo, de Estereoarte Estudios. Todos eles produtores de renome que, a excepción de Pablo Martín, xa gañaron con anterioridade este galardón.

A categoría máis nova, creada fai catro edicións, é a de Mellor Videoclip, na que competirán Dakidarría con Eterno Festival (dir. Alberto Lora), Basanta con Gris (dir. Xaime Miranda), Duke Sam con La Fórmula (dir. Pixelecer), Santi Araújo con El Estallido (dir. Santi González e Santi Araújo) e Kaixo con From darkness with love (dir. Jean Lefleur).

Por último entregarase o premio especial á traxectoria profesional, coñecido como Premio ‘a toda unha vida musical’. Os nominados son Teo Cardalda (Golpes Bajos, Cómplices…), Germán Fandiño (Tony Lomba, Los tres sudamaricones…), Bernardo Vázquez (The Refrescos, The Gambas…), Alberto Cunha (cantante, músico, humorista, actor…) e Tono Alcalde (músico de jazz).

VEGANA

O xurado encargado de escoller aos gañadores este venres estará formado por Emma Placer, Emilio Alonso Pimentel, Xosé Otero e Salvador García Cal. O evento comezará puntual ás 21:00 coa actuación da banda de punk rock The Riggos, que presentarán temas novos ademais dos que forman o seu último disco. Tras a gala, Atlantic tomará o relevo, poderemos escoitar algúns dos temas que forman Los días felices.