CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Concertos gratuítos no Super Bock Under Fest

Por segundo ano, o festival Superbock Under Fest celébrase esta fin de semana na cidade cunha ecléctica programación musical que encherá durante o venres, o sábado e o domingo ata 15 espazos con máis de 30 espectáculos de artistas locais e internacionais. Malia que os abonos están esgotados desde hai uns días, estas son algunhas das actuacións que poderemos ver gratuitamente dentro do festival, sen necesidade de entrada.

O venres 22, a festa comeza á hora do vermú, ás 12h, no Mercado do Progreso coa actuación de Maru Gutiérrez, cantautora con raices no soul e o r’n’b. Pola tarde, o vigués Óscar Avendaño estará tocando en Discos Elepé a partir das 17h Family Folks outorgarán un novo uso ao Pórtico dos cines Fraga cun concerto a partir das 18h.

CAMELIAS NADAL

O sábado a cita é de novo en Elepé coa actuación doutra banda nacida en Vigo, Blackstereo, quen tocará a partir das 11h na tenda de música decana da nosa cidade. Tamén pola mañá será a presentación do libro Esto es Pop! , de Javier Becerra e Catusca Alonso que incluirá música en directo ás 12h en La casa del libro. A esa mesma hora Carolina Gutiérrez e a súa guitarra estarán no Café detrás do MARCO. Na tarde do sábado, a festa trasládase novamente ao pórtico dos Fraga, onde estarán Indy Tumbita & The Voodoo Bandits.

O domingo tamén teremos oportunidade de desfrutar do Underfest. Será no pub Reserva Rock, en Churruca onde a partir das 13h a estadounidense Eliza Neals amenizará o vermú co seu blues-rock.

Concertos gratuítos do Super Bock Under Fest

[add_eventon_el event_type_2=”22374″ number_of_months=”3″ sep_month=”no” ux_val=”4″ hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″]