UVIGO
FILLOAS

Colexio Bouza Brey

O colexio Bouza Brey é un centro educativo concertado pluringüe situado en Vigo que desde a súa fundación hai 25 anos ten como principio educativo unha educación de calidade en consenso e participación coas familias, fomentando a inclusión, a tolerancia e o respecto, promovendo un trato individualizado atendendo ao ritmo de aprendizaxe por medio dun currículo flexible capaz de axustarse ás necesidades e á diversidade de cada etapa educativa.

Tras 25 anos de experiencia no ámbito da educación, tendo en conta os cambios educativos que se produciron nos últimos anos, apostan por unha metodoloxía baseada nas situacións de aprendizaxe como ferramentas para resolver tarefas complexas, preparando así ao alumnado para un futuro persoal, académico e profesional.

Este modelo favorece unha educación inclusiva recoñecendo e traballando os distintos ritmos de aprendizaxe para ser quen de axustarse ás necesidades e á diversidade do alumnado. O centro está inmerso nun proxecto de mellora de cara ao curso que vén en relación ás instalacións, espazos e accesos. Con todo, dispoñen de aula de madrugadores, comedor, transporte propio, clases de reforzo polas tardes, orientación académica, gabinete psicopedagóxico, aula de educación especial, auxiliar de conversa, campamentos de inmersión lingüística no verán e un amplo horario para facilitar a conciliación familiar.

O centro ofrece todas as etapas educativas, desde infantil ata secundaria.

EDUCACIÓN INFANTIL: A educación infantil é unha etapa fundamental do ensino. Somos un centro pequeno e familiar cunha clase por curso. Os nosos alumnos empezan no colexio no primeiro curso de educación Infantil (3 anos) e vanse ao finalizar o Ensino obrigatorio, polo que formamos parte da súa aprendizaxe ao longo de todas as etapas educativas

Crecemento en armonía: Nesta área pretenden respectar os ritmos e estilos de maduración individuais, adaptándose ás características persoais, necesidades, intereses e estilo cognitivo do noso alumnado:
– Historias sociais con fomento da creatividade
– Intelixencia emocional (Frustración / enfado)
– Matemáticas manipulativas
– Proxecto de arte e grafismo creativo
– Recuperación dos xogos tradicionais
– Aprendizaxe en lectoescritura da letra e o seu son á palabra
– Iniciación nas novas tecnoloxías

Exploración da contorna: Nesta área preténdese favorecer o proceso de descubrimento, observación e exploración dos elementos físicos e naturais da contorna, concibindo este como un elemento provocador de emocións e sorpresas, e tratando de que, xunto co seu progresivo coñecemento, os alumnos vaian adoptando e desenvolvendo actitudes de respecto e valoración sobre a necesidade de coidalo e protexelo.
– Proxecto da horta ecolóxica
– Proxecto de cociña e alimentos
– Saídas para visitar a contorna
– O noso Magosto
– Visitar o supermercado proxecto Gadis alimentos dixitais
– Visitas a familias da contorna

Comunicación e representación da realidade: Por medio da manipulación e do xogo e partindo dos intereses do alumnado desenvólnvese capacidades que lles permiten comunicarse a través de diferentes linguaxes e formas de expresión como medio para construír a súa identidade, representar a realidade e relacionarse cos demais.
-Axuliar de conversa
– Contacontos
– Comunicación alternativa
– Expresión corporal música e psicomotricidade

EDUCACIÓN PRIMARIA: A finalidade da educación primaria é facilitar ao alumnado as aprendizaxes necesarias en expresión oral e escrita, razoamento, lectura e escritura, así como hábitos de estudo e traballo cooperativo baseado no respecto e na tolerancia desenvolvendo un pensamento crítico.

Actividades complementarias:

– Play estafe
– Estratexias de aprendizaxe
– Pensamento alternativo
– Temps de parole (francés)
– Aulas virtuais
– Bookpros (habilidades en lectura)
– Lingua de signos

Programas:

– Navega con rumbo: Riscos de navegar pola rede
– Faro na escola: proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a prensa e os xornais ao centro
– Horto ecolóxico: Utilizan o horto como recurso educativo para completar e adquirir aprendizaxes relacionadas coa contorna natural
– Proxecto entre-xeracións: Visita a centros de día e residencias para traballar de forma conxunta coas persoas maiores
– Plan dixital: achegar ao noso alumnado ao uso coherente e responsable das tecnoloxías da educación
– Programa saúde e benestar: Coa repartición de leite e froita en distintos trimestres do curso escolar
– Programa de teatro escolar: programa para achegar a representación teatral á escola
– Programa de lingua de signos: programa para coñecer e aprender a lingua de signos como ferramenta de comunicación
– Programa xogade: xogos galegos deportivos en idade escolar

EDUCACIÓN SECUNDARIA: A finalidade da educación secundaria é lograr que os alumnos adquiran autonomía e reflexión partindo da adquisición de estratexias cognitivas básicas vinculadas ás competencias específicas propias do ensino secundario obrigatorio. Fomentando o espírito critico, a intelixencia emocional e as habilidades sociais para poder enfrontarse a novas situacións de aprendizaxe ao finalizar a etapa.

Actividades complementarias:

– Habilidades sociais
– Artistic World ( actividades para potenciar a creatividade )
– Play Estafe
– Mundo dixital
– Hábitos saudables

Programas:

CAMELIAS NADAL

– Polos creativos: creamos espazos dotados de equipos especializados para fomentar a aprendizaxe práctica en materias como a informática, o audiovisual e a robótica.
– Que no te líen, tú eliges: Educación vocacional
– Programa de talento: Desenvolvemento da creatividade e o talento
– Navega con rumbo: Riscos de navegar pola rede
– Habilidades sociais: Estratexias para resolver situacións
– Proxecto TERRA: proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás diferentes etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que debe ter a poboación escolar galega sobre as persoas, os espazos e os lugares que habitamos. 
– Programa Erasmus: programa europeo que permitirá ao centro participar en encontros con outros docentes e alumnos de colexios de Italia, Bulgaria Grecia e Turquía .
– O barco dos libros DesibooK: Plan dixital achegar ao alumnado o uso coherente e responsable das tecnoloxías da educación