VIALIA
PLAYDOC

Colexio Atlántida

Na parroquia de Bouzas atópase o Colexio Atlántida, cooperativa dedicada ao ensino concertado que recibe todas as mañás lectivas unha rapazada comprendida entre os 3 e os 16 anos. O horario vai das 9:00 ás 14:00 nas etapas de educación infantil e primaria e de 8:45 ás 14:20 e o luns de 16:00 17:40 en secundaria; ademais ofrécense os servizos de aula matinal e de aula de mediodía, ampliando así o horario antes e despois das actividades reguladas.

Trátase dun centro con máis de 50 anos de traxectoria de carácter aconfesional, apolítico, respectuoso con toda tendencia, crenza ou ideoloxía sen ánimo de influír en ningunha delas, mantendo sempre a liberdade de expresión. Tamén plurilingüe, xa que conta cun auxiliar nativo desde os 3 anos. Unha escola que aposta por unha educación coherente coas necesidades reais do alumnado, potenciando o desenvolvemento da personalidade e complementando a oferta con actividades para reforzar os contidos aprendidos, como por exemplo as saídas culturais.

REVISTA MAIO

O Colexio Atlántida conta con aulas dotadas con paneis interactivos, aula de informática, biblioteca, laboratorio e dous patios (un deles cuberto), entre outras dependencias. O servizo de comedor e as actividades extraescolares amplían a oferta educativa.

Os luns 5 e 19 de febreiro, ás 17:30 h, están programadas as xornadas de portas abertas, ás que se pode acudir baixo cita telefónica.

R/ Rocío, 7 | cpr.atlantida@edu.xunta.gal | 986 23 39 38 | colexioatlantida.com | colexioatlantida_oficial