CAMELIAS MASCOTAS

‘Coleccionistas’, o show no que participas nunha poxa

Este domingo o Teatro García Barbón se converterá nunha verdadeira casa de poxas. Os espectadores de ‘Coleccionistas’ atoparanse ante un espectáculo no que eles mesmos escollerán as obras que se subastarán e participarán na poxa de cada unha das obras. Todo isto coa axuda de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay que encarnarán a tres ‘expertos’ no mundo da arte.

Improvisación, comedia e arte son os tres ingredientes principais de ‘Coleccionistas’, a obra escrita e protagonizada por Oswaldo Digón que xunto a Marcos Pereiro e Santi Romay encarnarán a tres ‘expertos’ no mundo da arte. Un albanel, un mariñeiro e un garda de seguridade en paro que por casualidade nalgún momento da súa vida tiveron algunha relación coa arte e acaban sendo seleccionados por unha ETT para traballar nunha poxa de arte.
Unha poxa que vai ser real. O propio público será o encargado de escoller as catro obras que se subastarán entre un total de 40, nas que se atopan cadros como ‘American Ghotic’ de Gran Wood, ‘El Grito’ de Munch, ‘Las tres gracias’ de Rubens e obras de Velazquez e Murillo. Para presentar cada un dos cadros hai preparado un vídeo que, por problemas técnicos, tarda en cargar. Os tres humoristas aproveitarán este lapso de tempo para contar, eles mesmos, a historia que se agocha tras cada unha destas obras. Un show no que impera a improvisación dos actores e do músico … que lles acompañará. Como o propio Digón explica “cada espectáculo é único e irrepetible porque nunca facemos o mesmo”. Tras ver cada un dos vídeos realizarase a subasta dunha lámina, que será unha copia da obra comentada. Pola outra cara levará unha caricatura feita no momento do que foi a improvisación. O diñeiro recadado destínase a Cruz Vermella. O que, como explica Digón, pon a guinda solidaria ao espectáculo. Polo momento o maior ofertante está entre o público de Illa de Arousa que levou unha lámina por 55€. Estará disposto o público vigués a subir a aposta?

(GMT+01:00) Teatro Afundación

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.