COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Ciudad Aventura

Ciudad Aventura abriu en Navia a comezos deste ano co obxectivo de mellorar a conciliación familiar do barrio, un dos que máis nenos acolle da cidade. Con este campamento de verán continúan ofrecendo os seus servizos en épocas estivais, moi complicadas para os pais que traballan e non teñen tantas vacacións como os seus fillos.

Ciudad Aventura ofrece actividades como laboratorio de arte, cociña, xogos simbólicos, lectura e excursións polo barrio, entre outras cousas. O campamento vai do 24 de xuño al 06 de setembro, agás festivos, de 9:00 a 14:00. Hai tamén opción de servizo madruga e comedor.

Os prazos de inscrición son ata o 15 de xuño para as semanas de xuño e xullo; e ata o 15 de xullo para agosto e setembro.
O prezo por semana é de 70 euros, con descontos cantas máis semanas se acuda. Tamén hai un desconto do 10 % por irmáns. E tamén se poden reservar días soltos, non pasando de máis de dous consecutivos.

O PAU (Polígono de Actuación Urbanístico) de Navia era unha urbanización de xente nova sen servizos de conciliación ata que Borja e Elisabet decidiron poñerlle remedio a isto coa apertura dun novo establecemento pensado para a rapazada de entre 3 e 12 anos.

Obradoiros e xogos simbólicos son pezas básicas deste proxecto situado na rúa das Teixugueiras. Tamén ofrece unha alternativa para as vacacións escolares, ofrecendo os servizos de madrugadores e comedor. O local tamén está pensado para poder alugar na súa totalidade ou organizar festas de aniversarios e eventos similares.

Ciudad Aventura abriu as portas o pasado mes de febreiro tendo entre os seus obxectivos ofrecer algo máis que un lugar de xogo simbólico; pretende chegar máis lonxe e atender as inquedanzas de nais e pais con charlas, conferencias e obradoiros. Trátase dun espazo seguro en que a cativada pode desenvolver a capacidade cognitiva e a creatividade. Ademais, aquí os pequerrechos potencian as habilidades sociais a través de actividades como os xogos de rol. En definitiva, estamos ante un lugar en que nenos e maiores teñan cobertura para necesidades do día a día.

Centro de ocio infantil para nenos e nenas situado en Navia, ideal para mellorar a concialización familiar. O campamento ofrece actividades como laboratorio de arte, cociña, xogos simbólicos, lectura e excursións polo barrio.

Datas: 24 de xuño a 6 de setembro
Idade: de 3 a 12 anos
Prezo:
70,00 € semanais (desconto para irmáns)

SONRIAS

Rúa das Teixugueiras, 19 | 604 04 53 92 | ciudadaventuravigo@gmail.com | @ciudadaventuravigo