BANNER OSDC

Cinco motivos para ir a Play-Doc

O festival de cine documental e non ficción internacional Play Doc celébrase a súa 21ª edición do 7 ao 11 de maio en Tui. O programa contén unha ampla variedade de actividades como proxeccións a concurso, retrspectivas de cineastas, concertos, percorridos cinematográficos, xornadas formativas e filmes musicalizados en directo. Todas as actividades requiren entrada, que poden adquirise anticipadas na web do festival.

Traspielas

1- O CONCERTO DE TRASPIELAS – Mércores 7 ás 20:30 no Teatro Municipal – 6,00 €

Traspielas é o novo proxecto da cantautora galega Su Garrido Pombo que celebra a memoria colectiva da súa aldea, Traspielas, a través da música a poesía e o audiovisual. Está acompañada de Macarena Montesinos (chelo), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodríguez Casal (visuais). Poderemos desfrutar dunhas das primeiras actuacións da nova banda na inauguración de Play-Doc.

2 – VER (MOITO) CINE GALEGO – Teatro Municipal – 4,00 €

Non sempre é doado ver as creacións dos cineastas galegos e os festivais son o momento ideal para facelo. Play Doc proxectará doce curtas e longas creadas en Galicia durante o último ano e repartidas en oito sesións. Resaltamos tres, por ter selo vigués. O documental Quieres salir, puedes entrar, de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza (mércores 7, ás 22:30 h, no Teatro Municipal); e a sesión de curtametraxes do sábado 10 ás 16:30 h ,no mesmo teatro, na que atopamos Delincuente, de Nuria Vil e Alba Domínguez, que conta a historia da líder dunha banda de delicuencia xuvenil nos Vigo dos 80, e Patios de Luz, de Fran Rodríguez Casal, sobre a emigración do rural ás cidades en Galicia.

Fotograma de ‘Quieres salir, puedes entrar’

3 – ACUDIR ÁS PROXECCIÓNS INTERNACIONAIS – Teatro Municipal – 4,00 €

A sección competitiva divídese nas mencionadas películas galegas e unha seleccíón de sete documentais estraxeiros: 7 promenades avec Mark Brown (Francia), Boganloch (Reino Unido-Alemaña-Islandia), El tercer paisaje (España), Flamenco (Francia), Fogo do vento (Portugal-Suiza-Francia) e Le chambre d’ombres (Francia).

4 – AS PROXECCIÓNS MUSICALIZADAS “DE NOCHE, EN LA IGLESIA” – Sábado 10 e domingo 11 ás 22:30 h na Igrexa de Santo Domingo – 15,00 €

De noche, en la iglesia  propón unha experiencia cinematográfica inesquecible: a proxección de dúas obras mestras do cinema mudo. La carreta fantasma (1921), de Victor Sjöström, e Nosferatu (1922), de F.W. Murnau, con acompañamento de música en directo a cargo do prestixioso pianista e compositor Filipe Raposo, nunha contorna tan espiritual como evocador: a Igrexa de Santo Domingo de Tui.

Fotograma de ‘Nosferatu’

5 – ASISTIR ÁS RETROSPECTIVAS – Teatro Municipal – 4,00 €

Unha das rarezas do Play Doc é a proxección de traballos de directores de culto internacionais. Pezas que hai anos que no se vén na gran pantalla e que, en ocasións, requiren de anos de arqueoloxía audiovisual para ser atopadas, catalogadas e proxectadas. Nesta edición poderemos ver os traballos dos estadounidenses Monte Hellman, Elaine May; o alemán refuxiado en Reino Unido Michael Roemer e catro películas da India restauradas pola Film Heritage Foundation.

De novo, varrendo para casa, recomenadamos a sesión homenaxe a Bernardino Lamas, un xornalista, montañista e galeguista que capturou con espontaneidade centos de excursións, romarías e escenas felices do día a día nas décadas 20 e 30. A proxección das filmacións de Bernardino de Lamas será o domingo 11 ás 18:00 h e contará con acompañamento de música en directo a cargo de profesores e estudantes do Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.