VIALIA
CAMELIAS NADAL

Cinco días de caña e solidariedade no Rock Children Fest

Volve o o Rock Children Fest, que este ano celebra a súa 7ª edición. Do mércores 18 ao domingo 22 haberá 14 actuacións repartidas en diferentes localizacións: La Fábrica de Chocolate, Reserva Rock, Sala Masterclub, Sala Transylvania e Auditorio de Teis. O abono para todos os concertos ten un custo de 25€, que podes mercar aquí ou en Discos Elepé, La Reserva e Transylvania.

CAMELIAS NADAL
Os turcos Jolly Joker serán un dos grandes concertos que poderemos ver estes días

Mañá mércores 18 será o pistoletazo de saída desta 7ª edición do Rock Children Fest, un evento solidario xa asentado na cidade. O prezo das entradas irá destinado e a recollida de alimentos repártese de maneira total á organización Afán de Vigo. Os primeiros grupos en actuar serán Malkeda, Jhonander e School (tributo a Nirvana) en La Fábrica de Chocolate, que poderás ver por 10€ en caso de non ter o abono. Así, La Fábrica debuta como local colaborador neste festival benéfico.

O xoves 19 será a xornada máis alternativa do festival, coas actuacións dos dúos Alféizar e Presumido en La Reserva Rock. Ambas agrupacións afástanse do estilo dominante no Rock Children, sendo os primeiros recoñecidos polo humor nos seus shows e os segundos polo seu son electrónico vangardista. A entrada terá un custo de 5€.

A Sala Masterclub acollerá este venres 20 a terceira xornada do festival cos concertos de Daeria, Pölisong, Pültur e o prato forte, Jolly Joker, banda turca que lembra a Guns n Roses ou Mötley Crüe. O prezo para ver a estas catro bandas será de 15€ na porta do local. A última gran xornada será na Sala Transylvania o sábado 21, coas actuacións de tres bandas viguesas: Lethal Vice, Elefantes Mutilados e Lapsus Mentis e os valenciáns Noctem, grupo de gran prestixio nacional e internacional, que ofrecerán un show novo cheo de sorpresas. O prezo tamén será de 15€. Para rematar, o domingo 22 no Auditorio Municipal de Teis actuarán pola tarde e de balde a rapazada da Rock School de Ponteareas.

(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

(GMT+01:00) Reserva Rock

(GMT+01:00) Sala Master Club

(GMT+01:00) Transylvania Metal Pub