VIALIA
bannerPicnicSesions

Ciclo de cine e ópera todos os martes de abril

Mañá inaugúrase o ciclo gratuíto de cine e ópera que terá lugar no Auditorio do Concello cada martes de abril. Proxectaranse os filmes: ‘Taking Sides’, ‘Interrupted Melody’, ‘Carmen Jones’ e ‘Moonstruck’.

O filme ‘Taking Sides’, que explora as dúbidas sobre si o director Wilhelm Furtwängler foi un colaboracionista do réxime nazi ou non, é o encargado de abrir o ciclo de cine e ópera. As películas se proxectarán de forma gratuíta no Auditorio do Concello todos os martes de abril ás oito da tarde. Os seguintes filmes en se proxectar serán : ‘Interrupted Melody’ (11 de abril) que conta a vida da soprano e estrela do MET Marjorie Lawrence; ‘Carmen Jones’(18 de abril), a particular visión de Otto Preminger da ‘Carmen’ de Bizet; e ‘Moonstruck’ (24 de abril), unha comedia coa constante presenza de ‘La Boheme’.

Amigos de la Ópera de Vigo organiza este ciclo coa intención de achegar grandes clásicos da ópera dunha maneira diferente. As proxeccións serán en versión orixinal con subtítulos en español.

Os filmes:

Taking Sides: A trama deste filme céntrase na figura de Wilhelm Furtwängler, director da filharmónica de Viena e Berlín, e de Steve Arnold, un oficial americano empeñado en decláralo cómplice do réxime nazi. Os norteamericanos queren culpables inmediatos polo acontecido e ven no músico un target cultural nada desdeñable, pois existen certas evidencias que corroboran o seu afán de culpabilidade.

REVISTA ABRIL

Interrupted Melody: Biografía de Marjorie Lawrence, cantante de ópera de orixe australiano, dende que abandonou a granxa dos seus pais para estudar canto e triunfou nos escenarios de todo o mundo ata que a súa carreira se viu truncada pola polomielitis. Non obstante, a súa tenacidade permitiulle superar a enfermidade e incluso volver aos escenarios.

Carmen Jones: Carmen Jones é unha muller acostumada a manexar aos homes ao seu antollo, asedia a Joe, un soldado novo que pensa contraer matrimonio con Cindy Lou e ao que non consegue atrapar. Aproveitando unha pelexa de Carmen cunha compañeira de traballo, o sarxento Brown, ao que Joe non lle é simpático, ordena ao soldado que a escolte ata prisión, ao tempo que fai crer a súa moza que Joe prestouse voluntario a esa misión…

Moonstruck: Loretta, unha viúva de orixe italiano que vive en Nova York, decide contraer matrimonio con Jonhny, un solteirón de carácter débil ao que manexa ao seu antollo. De súpeto, Johnny ten que marchar a Sicilia para visitar a súa nai enferma, entón pídelle a Loretta que se encargue de invitar á voda ao seu irmán Ronnie, do que está distanciado fai tempo.

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello