Churruca volverá converterse nun gran bazar o vindeiro 3 de marzo
O sábado 3 de marzo celébrase en Churruca unha nova edición de Bazares nos bares, o evento que transforma durante un día os bares e pubs dunha das zonas de marcha da cidade nun gran bazar.
Reivindicando que Churruca tamén vive de día, durante a xornada do sábado día 3 algúns locais de ocio nocturno da área converteranse nun punto de encontro entre artesáns, comerciantes, particulares e artistas. Nesta ocasión participan once locais: Reserva Rock, Korova, Tinta Negra, Sala Magnética, O Batallón Baiuca, La Casa de Arriba, Bizarre, Cantina Candela, El Velero, Brewing Records, Apiramoria nos que o público atopará ilustración, escultura, pintura, cerámica, coiro, xoiería, traballos en madeira, roupa, moda vintage, complementos, xardinería, decoración, cómics, libros, vinilos, cosmética natural, produtos ecolóxicos…
Durante todo o día haberá obradoiros e actividades nos que poderá participar público de tódalas idades. Taller de papirofléxia a cargo de Orikiku, creación da túa lámina Bansky con Arte Miuda, bodypaint dinamizado por Nair Romero, xogos con xices de cores na rúa, obradoiro de serigrafía con Le Chanelas, e Hey Juddy fará unha intervención artística.