VIALIA
PLAYDOC

Charter Terranova: navegar coa experiencia

Charter Terranova dispón de dous catamaráns e un veleiro habilitados con todo tipo de comodidades, nos que podemos sucar a ría deseñando a nosa propia ruta. Esta empresa viguesa tamén ofrece itinerarios predeseñados e unha escola náutica para converternos en capitáns do noso destino.

Aviso a navegantes: Carlos, Fernanda e o seu fillo Andrés, ao temón desta travesía, levan máis de dúas décadas navegando por augas de todo o mundo, así que non hai nada do que se preocupar! Foi o coñecemento do mar e as xentes que o veneran o que os fixo caer na conta de que facía falta unha empresa con embarcacións capacitadas para facer realidade saídas á medida de calquera imaxinario que, ademais, ensinase a futuros capitáns e tripulantes todos os segredos para navegar en augas galegas e internacionais. A frota conta con dous catamaráns e un veleiro habilitados con todo tipo de comodidades. No que a destino e portos se refire, aínda que Charter Terranova ten varias rutas predeseñadas, o patrón está sempre á espera de que chegue unha tripulación que marque coordenadas de seu.

No que respecta á súa escola náutica, está homologada pola Xunta de Galicia e ofrece titulacións de todo tipo: desde unha licenza de navegación ata o título de capitán de iate ou o moi solicitadotítulo de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER). Para quen xa dispoña de título, pero queira gañar confianza antes de saír a navegar en solitario, tamén se ofrecen cursos de reforzo e de tarefas específicas: atraque, mecánica, manipulación das velas… Todo o necesario para sentirse coma peixes na auga!

REVISTA MAIO

620 220 839 – 620 220 855 – 690 184 876 | info@charterterranova.com | @charterterranova | charterterranova.com

Noelia Álvarez
Redactora

Pablo Vázquez
Fotógrafo