CAMELIAS MASCOTAS

Varios locais da cidade celebran Fin de Ano por adiantado

As novas medidas fronte ao coronavirus comunicadas onte pola Xunta de Galicia, que impoñen o peche do ocio nocturno a partir das 3:00 da madrugada, supoñen todo un contratempo para a noite de Fin de Ano. Os pubs e discotecas puxéronse en marcha para que non quedemos sen a noite máis esperada do ano, aínda que teña que celebrarse por adiantado.

Foto previa á pandemia na sala Doppler | Pablo Vázquez

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo anunciaba onte, martes 28 de decembro, as novas medidas tomadas pola Xunta frente ao Covid-19 para as vindeiras semanas. Entre estas restricións atópase o novo horario de apertura para hostalaría e ocio nocturno, con peche ás 00:00 (fin de semana ata a 1:00) e ás 3:00 respectivamente, ademais do peche das barras e a obriga do certificado Covid en restauración a calquera hora.

Estas medidas entrarán en vigor a partir das 00:00 do día 31 e prolongaranse, polo momento, ata o día 18 de xaneiro. Este horario reducido fai inviable para as discotecas abrir na noite de Fin de Ano, polo que decidiron cancelar todas as festas previstas para esa data. Non obstante, moitos dos locais de Vigo enfrontáronse ao problema e organizaron nun momento varias festas para esta mesma noite e poder despedir o ano, aínda que sexa por anticipado.

En Churruca haberá festa en cada recuncho coa ‘Pre Noitevella’. Bizarre, O Batallón, Cantina Candela, A Casa de Arriba, The Monk Pub, Tinta Negra, Reserva Rock, Gotham e Radar Estudios estarán abertos desde as 18h desta tarde ata o peche para celebrar a noite máis especial do ano cuns bailes e un montón de sorpresas. Na Sala Kominsky poderemos gozar da poesía acústica de Mosquetera & Pablo Seijas, logo festa ata as 3:45 con Mustafa; esta sala de Irmandiños tamén abrirá mañá para acoller o concerto de Pablo Mandó e a Party Single na que danzar a ritmo de singles postos por 5 Djs diferentes. A festa Overdose que ía ter lugar no Village este venres adiántase a hoxe, con Kaixo, Baby Romeo, Yung Denzo e Kaoz para dalo todo ata que o corpo aguante. Na Sala Doppler tampouco quedan atrás, con entrada libre a partir das 23:00 para bailar mentras se poida. Tokyo e Ferré tamén cancelan a festa de Fin de Ano e pechan as súas portas ata o próximo ano, pero abrirán hoxe para despedir 2021 ao grande.

REVISTA NOVEMBRO

Resiste a música en directo, que continúa adiante cos concertos previstos para esta noite. MC4 en Sinatra Coctel Bar, Sara Casas e Miguel Martí en Café Uf e Tony Lomba & Elio dos Santos, que repiten en La Fábrica de Chocolate. Concertos para cantar, bailar e sobre todo gozar destas últimas noites do 2021.

Outra maneira de celebrar Noitevella antes da data é a que propón o restaurante La Tita Rivera, que adianta as badaladas ao venres 31 ás 12:00 do mediodía. Para vivir esas ‘pre-uvas’ só hai que reservar mesa e traer moitas ganas de festa. Ademais, haberá cotillón, gominolas, sidra para brindar e máis sorpresas.

Todos estes eventos de Fin de Ano adiantado cumprirán con os protocolos e medidas vixentes, para gozar dun ocio e un bo rato con seguridade e cabeza.