CASAACUNHA

Catorce novas medianeiras serán cubertas de arte e cor

Este luns aprobouse o quinto programa de medianeiras, parte da iniciativa Vigo cidade de cor. Neste caso serán 14 os murais a pintar por diferentes artistas, tanto locais como internacionais. 

Mural do artista Louis Lambert, realizada na rúa Urzáiz en xuño de 2018 | Pablo V.

Unha boa nova para comezar o ano: Vigo quere estar entre as cidades referencia no que a arte urbano se refire. Para iso, esta semana aprobouse a realización de 14 novos murais en distintas medianeiras da xeografía viguesa, que xa suma case 100 obras de arte na rúa. A última oleada artística sobre algúns destes espidos muros comezou en xuño do ano pasado.

Banner A Movidiña

Os artistas encargados de darlle unha nova vida a estas inertes medianeiras serán Zosen Bandido, Chephoner, Ghizlane, Kóctel, Erbmon, Mon Devane, Elara Elvira, Murone, Ana Santiso, Marcos Puhinger, Abi Castillo, Vanesa Álvarez, Mina Hamada e Kruella Denfer.

Pola súa banda, os lugares escollidos para albergar estas obras son a rúa Barcelona, Doutor Canoa, Sanjurjo Badía, rúa Bueu, Centro Recreativo e Cultural de Coruxo, rúa Roupeiro, pavillón Polideportivo de Bouzas, Camelias, O Pino, Colexio San Xosé da Guía, Serafín Avendaño, Emilia Pardo Bazán, Tomás Alonso e Couto San Honorato.

Cun presuposto de 280.000€, esta iniciativa busca achegar a arte máis moderna e urbana á xente por medio de grandes superficies, e á vez tratar de maquillar as moitas mostras do coñecido como feísmo galego que habitan na nosa cidade.