CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

Cancelado O Marisquiño pola crisis do COVID-19

A organización do festival máis importante da cidade acaba de anunciar a súa cancelación para a edición deste verán. Segundo explican as dificultades sanitarias, organizativas e de seguridade que implica crisis do COVID-19 no deixan outra opción e prometen volver no 2021.

A semana pasada coñecíamos que o Vigo SeaFest cancelaba a súa celebración neste 2020 e arrancamos nova semana coa cancelación do evento deportivo máis importante de Vigo, O Marisquiño. Tratábase da XXº edición do festival que se ía celebrar de forma moi especial do 7 ao 9 de agosto. Os organizadores explican que o aniversario trasládase ao verán do 2021.

REVISTA NOVEMBRO

Nas últimas semanas os responsables do festival estiveron en contacto coas institucións públicas, as marcas privadas e as federacións dos distintos deportes que forman o programa de O Marisquiño: Skate, Dirt Jump, Basket 3×3, etc. A incertidume sobre o futuro das diversas competicións que forman parte do evento foi unha das razóns que levaron a pospoñer a celebración do certame para 2021. Nestes momentos está moi comprometida a presenza de deportistas internacionais, dada a incerteza sobre a continuación dos voos internacionais e as restricións á mobilidade que poderían aplicarse nos próximos meses.

Tampouco poden ofrecerse plenas garantías nestes momentos sobre as condicións de seguridade sanitaria nun festival que reúne durante tres días no centro da cidade a decenas de miles de persoas. A cancelación doutros grandes eventos deportivos como os Xogos de Tokyo ou a Eurocopa de Fútbol indica que haberá que redefinir as condicións nas que este tipo de eventos masivos van poder realizarse no futuro.

Con O Marisquiño e o Vigo Seafest cancelados, Vigo perde os seus principais festivais de verán, queda saber que pasará con os concertos de Castrelos, pero o alcalde Abel Caballero cre que aínda é cedo para dar unha resposta concluínte.